23 mar 2022

FOTO DO 21 DE MARZO

Esta é a fotografía que o alumnado estaba desexando facer. Primeiro día no que a mascarilla non é obrigatoria no patio. Ademais coincide que empeza Camila este día e Lucas leva só uns días. Benvidos á aula de 4º de Primaria!!!



20 mar 2022

A libélula

Nunha nova e interesantísima conferencia, Valeria explicou cousas moi curiosas das libélulas. Este insecto de grandes ollos, que come outros pequenos insectos, que vive en zonas acuáticas e que na gran maioría da súa vida está na fase de ninfa.

Parabéns por un gran traballo!!!



Os sentidos: a vista

14 mar 2022

Os gorilas e o drago

As conferencias máis recentes son as de Ian, que nos falou dos gorilas, os grandes primates herbívoros que viven en África, e a de Xonxa que fixo a súa exposición sobre un arbusto moi curioso, o drago, que se atopa nas Illas Canarias e é símbolo da Illa de Tenerife.

Parabéns por uns estupendos traballos e exposicións!!




DETERMINANTES NUMERAIS E INDEFINIDOS

9 mar 2022

NOVAS CONFERENCIAS

Esta semana tivemos novas conferencias sobre animais en perigo.

Pablo falounos sobre o OSO PARDO (este gran mamífero plantígrado que vive en zonas de Europa,  Asia  e Norteamérica). E Xián sobre o MONO NARIGUDO (un curioso animal herbívoro da illa de Borneo cun gran nariz).

Parabéns polas vosas fantásticas exposicións!!




3 mar 2022

O LINCE IBÉRICO

Uns días antes do Entroido Iria fixo unha gran conferencia sobre O LINCE IBÉRICO, un mamímero carnívoro especialista na caza de coellos, que vive na Península Ibérica, e que pouco a pouco se está recuperando.

Parabéns por un excelente traballo!!


23 feb 2022

ACTIVIDADE ROSALÍA DE CASTRO

Esta actividade interactiva en Genially serviranos para ir percorrendo a biografía de Rosalía de Castro e da súa familia, desde o seu nacemento o 23 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela, ata o seu falecemento o 15 de xullo de 1885 na Casa da Matanza de Padrón.
 Clica sobre a imaxe.


Adiós ríos adiós fontes

Rosalía de Castro


Hoxe 23 de febreiro é o Día de ROSALÍA DE CASTRO. Desde este ano pasa do 24 ao 23. Aquí tedes un repaso pola vida desta gran escritora galega. 


16 feb 2022

UNIÓN EUROPEA

 Xoga a atopar os países da Unión Europea. Lembra que son 27 países. O Reino Unido xa non está.



14 feb 2022

NOVAS CONFERENCIAS

O xoves e o venres tivemos outras novas e interesantes exposicións. Íker falounos do tiburón branco (un gran peixe que vive en augas cálidas e temperadas de case todos os océanos e que se destaca polo branco do seu ventre) e Anxo sobre a tartaruga laúd que é a maior de todas as tartarugas mariñas que pode medir ata 2,3 metros e pesar ata 600 Kg.

Un  fenomenal traballo!!