O día 13 fixemos unha saída didáctica ao Monte do Castro. Primeiro visitamos a parte máis alta e fomos ao interior da fortaleza. Despois baixamos a unha actividade guiada para ver as casas dos castrexos. Importantes mostras do pasado e da historia da nosa cidade.
Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
15 jun 2023
9 jun 2023
25 may 2023
OS MAIOS
E chegou o día dos Maios. O alumnado de terceiro cantou as súas coplas estupendamente, acompañándoas co son dos seus paus.
19 may 2023
PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES
E chegou o día do apadriñamento lector ao alumnado de 1º. Fixo un día estupendo e todo o alumnado do colexio facendo unha preciosa e emotiva actividade no patio.
CONSTRUÍNDO O MAIO
Chegou o día de poñer o fiuncho para facer o maio do noso colexio. E contamos coa axuda da profe Mari Luz!
SORTEO PARA ESCOLLER OS AFILLADOS E AFILLADAS LECTORES
A aula de terceiro fixo o sorteo na aula de 1º. Os nervios do alumnado máis cativo estaban presentes e tamén os dos maiores. Os de 3º déronlle un agasallo aos seus afillados e afilladas correspondentes.
UNHA NOVA DIMENSIÓN
O 11 de maio visitounos o escritor Anxo Iglesias, o autor do libro traballado na nosa aula "Unha nova dimensión". Pasámolo xenial con el!
FOTOS TEATRO
Temos algunhas fotos da excelente representación no Auditorio do Concello de Vigo o día 9 de maio. Ademais Abel Caballero apareceu para a entrega de diplomas aos actores e actrices. As 2 primeiras son as fotos feitas no colexio para o cartel da representación.
23 abr 2023
10 mar 2023
SAÍDA 9 DE MARZO
O xoves estivemos no MARCO para gozar dun precioso percorrido sonoro e visual polas salas da exposición de Laxeiro, a cargo de profesorado da EMM Escola Municipal de Música en colaboración coa área de Didáctica do MARCO. Despois paseamos pola Rúa do Príncipe ata a Porta do Sol.
Foi sensacional!
SAÍDA DO 8 DE MARZO
O 8 de marzo estivemos no auditorio de Afundación para asistir á representación de Nautilus. Gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor proposta orixinal pola sua ‘sensibilización medioambiental’. Nautilus é unha versión da clásica novela de aventuras “20.000 leguas de viaje submarino” cunha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos, do noso planeta.


















































