26 feb 2013

RETO VOCABULARIO EN 1º

Sabedes unha cousa? 
 Esta mañá pasou a nosa amiga Pinguiña pola clase de 1º tal como nos tiña prometido. Conseguimos superar o reto xenial do vocabulario relacionado coa auga. Podedes ver algunha das fotografías do especial acontecemento. Agora coñecemos perfectamente algunhas palabras como fervenza, sarabia, billa, folerpa, treboada...







22 feb 2013

VISITA AOS BOMBEIROS

Hoxe foi un día xenial.
Como este ano estamos a traballar como Proxecto de centro "A auga" e máis concretamente no primeiro ciclo "A auga no noso planeta. As súas utilidades", realizamos unha entretida e estupenda visita ao Parque central dos bombeiros de Teis.
Alí visitamos as súas instalacións, contáronnos cousas interesantes, subimos a un camión, utilizamos as mangueiras, puxemos un casco, baixamos pola barra...


11 feb 2013

FESTA DO ENTROIDO 2013

Outra vez un gran éxito a festa do entroido: música, bailes, vestiario...
O alumnado do Primeiro Ciclo tivo unha moi importante participación ao igual que o resto do colexio. Podedes ver algunhas das fotos de dito día (a maioría son dos nenos e nenas de 1º e 2º) e como se preparaban nas súas aulas.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e participación. 

 Podedes ver moito máis no Recanto de Mik e na web do colexio.


6 feb 2013

ENTROIDO. MARTES E MÉRCORES.

Aquí está o alumnado de primeiro e segundo seguindo as ordes de Don Porcallán do martes e do mércores.






4 feb 2013

SEMANA DO ENTROIDO

 Esta semana celebramos o Entroido. Don Porcallán xa deu as ordes diarias dende o luns ata o xoves para que todos e todas as cumplan.
Tedes aquí ao alumnado de segundo e primeiro cos seus anteollos "fashion, fashion" seguindo a orde do luns.


30 ene 2013

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro no noso colexio celebrouse o Día da Paz. Por suposto o alumnado de primeiro e segundo realizou diferentes actividades, algunhas delas interactivas, relacionadas con tan importante data.

Ademais houbo unha sorpresa moi agradable, xa que tivemos correspondencia, para as dúas aulas, dos nenos e nenas do Primeiro Ciclo do CEIP Illas Cíes.



23 ene 2013

MEL DE GALICIA

Os bosques galegos esconden un gran tesouro, un tesouro ligado á natureza, á tradición, a Galicia... é un ouro doce, o Mel de Galicia. 


Unha representante do Consello Regulador do I.X.P. Mel de Galicia fixo unha visita moi interesante ao Primeiro Ciclo. 
Primeiro, unha explicación e mostra de obxectos relacionados co mel, e a continuación, todos e todas a probala.

O mel é un produto natural e fresco que se produce de forma artesanal desde fai centos de anos. Os colmenares galegos caracterízanse por ser pequenos e por estar coidados con esmero polo apicultor. Estes coidados e atencións no proceso de elaboración permiten ao mel conservar as súas propiedades xenuínas nas diferentes variantes elaboradas e amparadas pola Indicación Xeográfica Protexida: meles multiflorais, meles monoflorais de eucalipto, meles monoflorais de castiñeiro, meles monoflorais de zarza, meles monoflorais de brezo.

19 ene 2013

DÍA DA PAZ. 2013

O día 30 de xaneiro celebrarase O DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA. Podedes realizar algunha das actividades relacionadas con dita data, algunha das cales están No Recanto de Mik ou na Páxina Web do noso colexio.




 

Puzzle










--
------------

14 ene 2013

Escritores e escritoras no Primeiro Ciclo

Esta fin de semana o alumnado de primeiro empezou a súa andaina co seu caderno de escritor ou escritora, onde periodicamente, como se fose un diario ou unha axenda escribirán algo propio e interesante, ademais tamén poden copiar algunha poesía ou texto que lles guste. Nesta tarefa os alumnos e alumnas de segundo  son uns expertos xa que levan un ano facendo marabillosas achegas.

Segundo

Primeiro
Segundo
Segundo
Primeiro
Primeiro



31 dic 2012

FELIZ 2013

Remata este 2012 e empeza o 2013 cos mellores desexos para todos e todas. Podedes ver algunhas das fotos realizadas durante o gran espectáculo "OS REIS VAGOS" o día 21 no noso colexio.
Click to play this Smilebox slideshow


19 dic 2012

NADAL NO PRIMEIRO CICLO

Temos aquí unha mostra dalgunha das actividades feitas estes días polo alumnado de 1º e 2º relacionadas co Nadal.


16 dic 2012

Que sabemos e que queremos saber?

Como preparación e motivación cara ao proxecto documental do centro que se está levando a cabo este curso sobre “A  AUGA”, o 1º Ciclo de Ed. Primaria realizou  unha actividade dinámica e activa sobre “A auga no noso planeta. As súas utilidades”.
Nela todo o alumnado, ademais de pasalo ben,  fixo as súas aportacións sobre o que sabía sobre "A auga no noso planeta. As súas utilidades" e que quería saber sobre dito tema.
O resultado final é do máis interesante.
Aula de segundo

Aula de primeiro
 

10 dic 2012

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

 O 10 de decembro de 1948, tal día coma hoxe, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos nun total de 30 artigos.
Dita proclamación feita como ideal común polo que todos os pobos e nacións deben esforzarse, a fin de que tanto os individuos como as institucións, inspirándose constantemente nela, promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto entre os pobos dos Estados Membros como entre os dos territorios colocados baixo a súa xurisdición.





1 dic 2012

O COFRE DAS PALABRAS

O uso do c e z, adxectivos, signos de puntuación, comprensión lectora e moito máis para que o alumnado do Primeiro Ciclo xogue e aprenda. Clica na imaxe para empezar.

25 nov 2012

CURIOSIDADES NA AULA DE PRIMEIRO

Tres alumnos da aula de primeiro trouxeron unha serie de obxectos interesantes.
Pedro, unhas rochas volcánicas da illa de Lanzarote; Igor, o esqueleto dunha vacaloura e unhas buguinas; e Mario unhas pezas de cerámicas antigas e uns fósiles de trilobites. Toda a clase disfrutou en directo das súas explicacións e  examinando e tocando estes valiosos materiais.





19 nov 2012

A NATUREZA ENTRA NAS NOSAS AULAS

Noa Conde de 1º trouxo un anaco dun panal dunha colmea. Poidemos ver as celas construídas polas abellas e incluso unha boa cantidade de mel.

Miguel de 2º mostrounos uns fermosos e suaves coelliños. Foi todo un acontecemento para o alumnado.

Moitas grazas ás familias por achegarnos este tipo de experiencias




14 nov 2012

OBRADOIRO DE IGUALDADE 2º

Camiña con nós pola igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Infantil e 2º, 4º e 6º de Ed. Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.


6 nov 2012

MUSEO DO MAR

O alumnado do Primeiro Ciclo fixo unha interesantísima visita ás instalacións do Museo do Mar, un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento.