PREME NA IMAXE E PODERÁS IR A ALGÚNS XOGOS INTERACTIVOS PARA EXERCITAR A TÚA MEMORIA.
Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
22 sept 2013
17 sept 2013
BENVID@S
Empeza un novo curso escolar e dende as aulas de primeiro e segundo de primaria queremos darvos a benvida.
19 jun 2013
EXPOSICIÓN CADERNOS INVESTIGACIÓN E VOCABULARIO
Estes últimos días estiveron expostos os cadernos de investigación realizados polo alumnado do 1º ciclo e os caderniños do reto do vocabulario feito no 2º trimestre coas 12 palabras relacionadas coa auga que estivemos a traballar.
12 jun 2013
BAILANDO A MACARENA
4 jun 2013
A ESPADA LUMINOSA. CONTO DO 1º CICLO
A espada luminosa é o conto elaborado polo alumnado do primeiro ciclo. Os nenos e nenas de primeiro e segundo son os creadores da historia e das ilustracións. Foi un traballo moi interesante no que houbo que pensar nos protagonistas, no desenvolvemento dos acontecementos, darlle un sentido continuado ao conto...
Esperamos que o pasedes moi ben coa nosa creación.
Esperamos que o pasedes moi ben coa nosa creación.
31 may 2013
VISITA A PONTEVEDRA E O LAGO CASTIÑEIRAS
Este 30 de maio o Primeiro Ciclo, xunto co resto do alumnado de Primaria realizou unha saída a Pontevedra e o Lago Castiñeiras. Os nenos e nenas de primeiro e segundo xogaron nun parque, visitaron a zona antiga da cidade acompañados dunha guía, disfrutaron da zona forestal do lago, fixeron unha "rutiña" pola zona acompañados do garda...
26 may 2013
19 may 2013
15 may 2013
PREPARANDO O MAIO
AS AULAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO ESTIVERON COLABORANDO NA ELABORACIÓN DO MAIO DESTE ANO. PARA O ALUMNADO DE PRIMEIRO FOI A PRIMEIRA VEZ QUE PARTICIPAN ACTIVAMENTE NA SÚA PREPARACIÓN.
13 may 2013
ROBERTO VIDAL BOLAÑO. LETRAS GALEGAS 2013
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño que realizou numerosas tareas relacionadas co teatro. Naceu e morreu en Santiago.
Podedes realizar diferentes actividades sobre as Letras Galegas recollidas do Ceip de Mallón.
Podedes realizar diferentes actividades sobre as Letras Galegas recollidas do Ceip de Mallón.
12 may 2013
BOTES CON SAL DE CORES
4 may 2013
DIANA DAS SUMAS
Proba o teu cálculo sumando mentalmente as puntuacións dos dardos que dan na diana. Tes distintos graos de dificultade.
29 abr 2013
O SAPO E O RAPOSO
Podedes ver unha produción audiovisual baseada nun conto tradicional da nosa comunidade, realizada polo Xabarín Club da TVG para apoiar a campaña do Patrimonio Inmaterial Galego na Unesco.
27 abr 2013
UNHA BOA COLLEITA
VERMES DA SEDA
A aula de 2ºempezou cuns pequenos ovos na clase dos que saíron os vermes da seda que de tanto comer follas de moreira foron medrando e medrando ata que se fixeron grandes e puideron facer a súa casula para meterse dentro e transformarse nunha bolboreta. Algúns nenos e nenas tamén os levaron para as súas casas para seguilos coidando. Se clicas aquí poderás ver un pequeno libro con imaxes sobre os vermes da seda.24 abr 2013
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2013
O 23 de abril realizouse unha das actividades máis bonitas que se realizan no noso colexio que consiste na lectura por parte dos padriños e madriñas lectores ao seus afillados e afilladas. No noso caso o alumnado de 4º leu os seus libros a 2º, e o alumnado de 3º a 1º. O venres anterior xa se realizara o emocionante sorteo para saber quen apadriñaba ou amadriñaba a cada quen.
XOGANDO COS CONTOS
A Concellería de NL. a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, realizou unha actividade dinamizadora do galego dirixida ao alumnado de 1º, 2º e 3º.O aspecto lúdico e o mundo da ficción son imprescindibles para favorecer a aprendizaxe das nenas e nenos, reforzando a expresión e a comunicación.
O xogo dramático e o conto son os dous elementos que lle dan "vida" a esta actividade na que se escenificaron diversos contos.
21 abr 2013
PRIMEIRO SEMENTA XUDÍAS
SEGUNDO SEMENTA ACELGAS E ESPINACAS
17 abr 2013
ANXO MOURE. O CARBALLO CON BOTAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




























