Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
23 may 2014
ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE A GASTRONOMÍA NO MAGOSTO, NADAL E ENTROIDO
Recén saídas do forno estas actividades para o Primeiro Ciclo. Seguro que o ides pasar moi ben facéndoas.
21 may 2014
19 may 2014
VISITA DE CONCHA BLANCO
O pasado venres tivemos a honra de contar coa visita da escritora Concha Blanco, a autora dos libros que traballamos neste trimestre nas aulas de primeiro e segundo.
16 may 2014
LETRAS GALEGAS 2014
Xosé María Díaz Castro naceu na parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, o 19 de febreiro de 1914.
A súa familia era unha familia labrega, aínda que o seu pai traballou unha tempada como escribinte. Xosé María era coñecido no lugar polo nome de Pepe e, de pequeno, axudaba nos labores do campo e a coidar as vacas.
De neno estudou nunha escola da súa aldea mandada construír polos veciños emigrados a Cuba. A escola era coñecida como « A escola da Conchada».
De mozo foi estudar para crego no Seminario de Mondoñedo e alí comezou a escribir as súas primeiras poesías e a publicar algunhas delas no xornal «El Progreso Villalbés», de Vilalba, en Lugo.
Despois de deixar o Seminario dedicouse a estudar varios idiomas, traballando moitos anos en Madrid como tradutor e profesor de inglés, francés e alemán.
Publicou un libro titulado «Nimbos» cos seus poemas en galego.
Este ano a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas pola defensa e uso que fixo do noso idioma.
14 may 2014
A PREHISTORIA
Como en segundo estamos a traballar o paso do tempo. Este é un vídeo dunha das épocas que levamos visto, sobre o Home de Cromagnon na PREHISTORIA.
12 may 2014
UNIÓN EUROPEA
O pasado 9 de maio foi o día de Europa.
Clica enriba da bandeira da Unión Europea e terás a posibilidade de ir á páxina oficial onde podes facer xogos e pasatempos que te permitirán coñecer mellor Europa.
27 abr 2014
DÍA DO LIBRO. PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES. AFILLADOS E AFILLADAS
18 abr 2014
A AULA DE SEGUNDO NO HORTO
Os nenos e nenas de segundo estiveron plantando coles e sementando feixóns e facendo fincapé na diferencia entre plantar e sementar.
14 abr 2014
9 abr 2014
RESPONDEMOS AO C.E.I.P. ILLAS CÍES
Seguro que lle encanta aos alumnos e alumnas de primeiro e segundo do C.E.I.P. Illas Cíes o que lles enviamos.Para primeiro uns comecocos e para segundo unhas cartas. Todos estes agasallos son individuais.
2 abr 2014
OS ALIMENTOS ESTÁN DE FESTA
Xa está aquí! Recén saído do forno! Un best seller!
É o conto realizado por todo o alumnado de primeiro e segundo.
30 mar 2014
MÉRCORES DE POESÍA
Este mércores foi o turno do alumnado das aulas de primeiro e segundo, os nenos e nenas recitaron diversas poesías de Manuel María, Federico García Lorca, Ana Serna...
Coma sempre, unha marabilla.
16 mar 2014
CADERNO DE INVESTIGACIÓN
O Primeiro Ciclo xa ten o caderno de investigación relacionado co Proxecto deste ano (a alimentación). As aulas de primeiro e segundo están a investigar e recoller información sobre a gastronomía relacionada co Magosto, Nadal e Entroido, aínda que xa son bos coñecedores do tema, despois das doces xornadas gastronómicas levadas a cabo.
5 mar 2014
24 feb 2014
CERTAME GASTRONÓMICO DE ENTROIDO
Hoxe o alumnado de primeiro e segundo trouxo unha gran cantidade de postres feitos con diferentes receitas típicas do Entroido: filloas, orellas, flores, buñuelos, leite fritida...
Estaba todo riquísimo, e ademais despois de merendar e degustar tan exquisitos pratos aínda quedaba para quegran parte do resto do alumnado do centro pasase a tomar algo destas marabillas gastronómicas.
MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO DE PRIMEIRO E SEGUNDO E ÁS SÚAS FAMILIAS POLA EXTRAORDINARIA COLABORACIÓN
Estaba todo riquísimo, e ademais despois de merendar e degustar tan exquisitos pratos aínda quedaba para quegran parte do resto do alumnado do centro pasase a tomar algo destas marabillas gastronómicas.
MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO DE PRIMEIRO E SEGUNDO E ÁS SÚAS FAMILIAS POLA EXTRAORDINARIA COLABORACIÓN
23 feb 2014
OS MERDEIROS CHEGAN A SEGUNDO
12 feb 2014
CORRESPONDENCIA EN FEBREIRO CO CEIP ILLAS CÍES
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









































