18 jun 2022

SAÍDA A PADRÓN E SANTIAGO

 Que gran día e que ben o pasamos!!!

















CONTO DE 3º e 4º

Esta é a portada do conto colectivo elaborado polo alumnado de terceiro e cuarto. 

Está cheo de Misterio e aventuras, e protagonizado por dúas nenas e dous nenos.

A pasalo ben coa súa lectura!


1 jun 2022

SAÍDA 26 DE MAIO

O xoves estivemos con todo o colexio no auditorio de Valadares nun espectáculo musical no que o pasamos fenomenal. Despois merendamos e xogamos. E tivemos a gran sorpresa de saudar a unha antiga e querida compañeira!

Serás quen de atopala nalgunha das fotos?







OS BUFOS

Hai uns días Naiara fixo a súa conferencia sobre os bufos, estas aves rapaces nocturnas que viven por case todo o planeta.

Parabéns por esta marabillosa exposición!!



23 may 2022

Rosalía

 Hoxe estivemos no Auditorio do Concello para  ver a obra de teatro Rosalía. Aí tedes algunhas fotos da saída. Mágoa que nos choveu moito e non poidemos facer nada máis.








Maio 22

4 may 2022

CHILL OUT BIBLIOTECA

Hoxe, xa que foi imposible facer a saída programada, estreamos a zona Chill Out da biblioteca na hora de ler.




ACTIVIDADE PRIMEIROS AUXILIOS

Onte tivemos unha actividade relacionada cos primeiros auxilios impartida pola nai de Iria. Pasámolo fenomenal e practicamos e aprendimos moitas cousas interesantes e necesarias.

Moitas grazas Olalla!











30 abr 2022

PAPÁ CANÍBAL...ANTONIO M. FRAGA

Por fin coñecemos ao autor e creador de inclibles personaxes como son: Fedora, Efebeí, O Vinagre, Paulino, Pétalo, Sobras...
Foi unha gran encontro con Antonio M. Fraga!!!













9 abr 2022

GRAN BARREIRA DE CORAL

Este venres Bertrán fixo unha estupenda e interesante conferencia sobre a gran barreira de coral. A especie vivinte máis grande da Terra , situada ao noreste de Australia e de 2300 km de longo, que ata chega a ser visible desde o espazo exterior.

Parabéns por esta marabillosa exposición!!