Como este curso será moi Olímpico, aí van uns interesantes apuntamentos.
O pasado 17 de outubro fixo 25 anos que Barcelona foi nomeada sede dos XXV Xogos Olímpicos.
O pasado 17 de outubro fixo 25 anos que Barcelona foi nomeada sede dos XXV Xogos Olímpicos.
Estas Olimpíadas foron realizadas en Barcelona, Cataluña, terra natal do entón presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992 coa participación de 9.356 atletas de todos os países afiliados ao COI, 169 estados, por primeira vez dende os Xogos de Múnich en 1972.
Dende os Xogos anteriores, en 1988, o mundo testemuñou importantes mudanzas políticas. O Apartheid foi abolido en Sudáfrica. Coa caída do Muro de Berlín en 1989, Alemaña voltou a participar como un só estado. A URSS foi dividida en quince países independentes, que participaron como Comunidade de Estados Independentes (Equipo Unificado). As repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania, participaron baixo a súa propia bandeira como nacións independentes.
O desmembramento de Iugoslavia levou a Croacia, Bosnia e Hercegovina e Eslovenia a participaren cos seus propios equipos nacionais.
A cerimonia de apertura dos Xogos, presidida polo Rei Xoán Carlos I, contou coa entrada da delegación española levando á cabeza ao propio Príncipe de Asturias, Filipe de Borbón, integrante do equipo español de Vela. A pira olímpica, nun efecto visual espectacular, foi acesa por unha frecha con lume disparada polo arqueiro parapléxico Antonio Rebollo.
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | | | | Total |
1 | 45 | 38 | 29 | 112 | |
2 | 37 | 34 | 37 | 108 | |
3 | 33 | 11 | 28 | 82 | |
4 | 16 | 22 | 16 | 54 | |
5 | 14 | 6 | 11 | 31 | |
6 | 13 | 7 | 2 | 22 | |
7 | 12 | 5 | 12 | 29 | |
8 | 11 | 12 | 7 | 30 | |
9 | 8 | 5 | 16 | 29 | |
10 | 7 | 9 | 11 | 27 |
Moi boa investigación! Este é un tema que me interesa moito polo que me pasarei por aquí para seguir aprendendo.
ResponderEliminarBicos ratunos
A mi me gusta hacer deporte especialmente al futbol, hago deporte todos los dias el lunes:patinaje. Los martes y los jueves:futbol.
ResponderEliminarLos miercoles:piscina. Los sabados:partido de futbol.
Chao dice Thami que me apure hasta la proxima
Ruben yo hago mas deporte, 6 horas seguidas todos los dias asi que no te quejes. ja, ja, ja.
ResponderEliminar