A castaña é o froito do castiñeiro. O froito preséntase nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro que contén varias castañas.

Outro importante uso das castañas é a fariña, coa que se pode preparar pan, pasteis e pasta.
As receitas gastronómicas de castañas están xurdindo ultimamente coa recuperación de receitas tradicionais.
As castañas para se conservaren teñen que estar completamente secas antes de retirar a cápsula espiñenta que as contén e deixalas nunha caixa ou barril cobertas de area fina. Pódese consumir fresca, seca, cocida e asada, a castaña constituíu unha importante contribución calórica para o home e tamén se utilizou na alimentación dos animais domésticos, xa que son ricos en graxas, proteínas, minerais e en vitamina C.
En Galicia, a festa tradicional da recollida das castañas é o magosto, que se realiza a comezos de novembro.
Refraneiro
- A castaña que está no camiño é do veciño.
- Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
- O que non sabe a maña, non come castaña.
- Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
- Temperá é a castaña que por setembro regaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario