 |
1º |
Lucas Leoncavalo vive no circo onde traballan os seus pais. Cando o circo pechou, Lucas xa non será nin domador nin trapecista e será obrigado a ir á gardería de dona Bixelmina, que está invadida por virus e microbios. Lucas Leoncavalo terá en semellante gardería que loitar contra estes terribles bichos que contaxiaban a meniños e meniñas otites, catarros, gripes, lombrigas e pulmonías, conseguindo vencelos. Mais o que non contaba Lucas era que tamén debería vencer á terrible dona Bixelmina. A gardería de dona Bixelmina, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, é un libro para primeiros lectores sobre o mundo do circo e das enfermidades contaxiosas que se producen nas primeiras idades.
Dúas formigas, que paseaban
 |
2º |
polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar. De súpeto unha afinada voz de muller nova comezou a cantar ás súas costas. Non había dúbida ningunha, a voz viña da pedra. Quen se agocharía alí? A pedra e as formigas é un libro, dixirixido a lectores avanzados de sete anos en diante, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. Unha divertida fábula de animais sobre a amizade, onde as cancións e adiviñas teñen un papel destacado para desvelar a intriga que se lle propón aos lectores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario