O pasado martes o alumnado de segundo participou na segunda parte de "Camiña con nós pola igualdade". A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero. É un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario