Actividade de contacontos e animación realizada no salón de actos do noso centro para 1º e 2º de Primaria.
Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa
nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa
pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra,
mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos
para xogar. Unha historia sobre o amor, a familia e a amizade, onde
valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia
para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión
fai dos soños unha realidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario