Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
23 feb 2022
ACTIVIDADE ROSALÍA DE CASTRO
Rosalía de Castro
21 feb 2022
XA CHEGA O ENTROIDO
Nenas e nenos, xa está aquí o Entroido. O venres será un día especial, pero para ir quentando, aí tedes o MECO coas ordes diarias. A PASALO FENOMENAL!
16 feb 2022
14 feb 2022
NOVAS CONFERENCIAS
O xoves e o venres tivemos outras novas e interesantes exposicións. Íker falounos do tiburón branco (un gran peixe que vive en augas cálidas e temperadas de case todos os océanos e que se destaca polo branco do seu ventre) e Anxo sobre a tartaruga laúd que é a maior de todas as tartarugas mariñas que pode medir ata 2,3 metros e pesar ata 600 Kg.
Un fenomenal traballo!!
9 feb 2022
CONFERENCIAS
Hoxe tivemos unha nova conferencia realizada por Sara e o luns outra feita por Alicia. Dúas estupendas exposicións sobre dous animais en perigo de extinción. No primeiro caso Sara falounos do KOALA (un marsupial que vive en Australia, dorme moito e come follas de eucalipto) e Alicia do TIBURÓN CEBRA (un animal nocturno, que vive no Índico e parte do Pacífico, e que é inofensivo para os humanos).
Parabéns polo voso traballo!
Grúas.
Está exposto no portalón de entrada do colexio o fantástico cartel feito entre o alumnado de terceiro e cuarto. É o símbolo da PAZ. Todo está feito coas grúas que os nenos e nenas fixeron. Marabilloso traballo!
Tamén podedes ver as grúas de cabeza vermella que temos na parede do corredor.