Hoxe tivemos unha nova conferencia realizada por Sara e o luns outra feita por Alicia. Dúas estupendas exposicións sobre dous animais en perigo de extinción. No primeiro caso Sara falounos do KOALA (un marsupial que vive en Australia, dorme moito e come follas de eucalipto) e Alicia do TIBURÓN CEBRA (un animal nocturno, que vive no Índico e parte do Pacífico, e que é inofensivo para os humanos).
Parabéns polo voso traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario