Temos aquí unha mostra dalgunha das actividades feitas estes días polo alumnado de 1º e 2º relacionadas co Nadal.
Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
19 dic 2012
16 dic 2012
Que sabemos e que queremos saber?
Como preparación e motivación cara ao proxecto documental do centro que se está
levando a cabo este curso sobre “A
AUGA”, o 1º Ciclo de Ed. Primaria realizou unha actividade dinámica e activa sobre
“A auga no noso planeta. As súas utilidades”.
Nela todo o alumnado, ademais de pasalo ben, fixo as súas aportacións sobre o que sabía sobre "A auga no noso planeta. As súas utilidades" e que quería saber sobre dito tema.
O resultado final é do máis interesante.
![]() |
| Aula de segundo |
![]() |
| Aula de primeiro |
10 dic 2012
DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
O 10 de decembro de 1948, tal día coma hoxe, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos nun total de 30 artigos.
Dita proclamación feita como ideal común polo que todos os pobos e nacións deben esforzarse, a fin de que tanto os individuos como as institucións, inspirándose constantemente nela, promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto entre os pobos dos Estados Membros como entre os dos territorios colocados baixo a súa xurisdición.1 dic 2012
O COFRE DAS PALABRAS
O uso do c e z, adxectivos, signos de puntuación, comprensión lectora e moito máis para que o alumnado do Primeiro Ciclo xogue e aprenda. Clica na imaxe para empezar.
25 nov 2012
CURIOSIDADES NA AULA DE PRIMEIRO
Tres alumnos da aula de primeiro trouxeron unha serie de obxectos interesantes.
Pedro, unhas rochas volcánicas da illa de Lanzarote; Igor, o esqueleto dunha vacaloura e unhas buguinas; e Mario unhas pezas de cerámicas antigas e uns fósiles de trilobites. Toda a clase disfrutou en directo das súas explicacións e examinando e tocando estes valiosos materiais.
19 nov 2012
A NATUREZA ENTRA NAS NOSAS AULAS
Noa Conde de 1º trouxo un anaco dun panal dunha colmea. Poidemos ver as celas construídas polas abellas e incluso unha boa cantidade de mel.
Miguel de 2º mostrounos uns fermosos e suaves coelliños. Foi todo un acontecemento para o alumnado.
Moitas grazas ás familias por achegarnos este tipo de experiencias
14 nov 2012
OBRADOIRO DE IGUALDADE 2º
Camiña con nós pola igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Infantil e 2º, 4º e 6º de Ed. Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
A finalidade do programa é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
6 nov 2012
MUSEO DO MAR
O alumnado do Primeiro Ciclo fixo unha interesantísima visita ás instalacións do Museo do Mar, un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento.
1 nov 2012
A CASTAÑA QUE ESTOUPOU COA RISA
Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo fixeron un excelente traballo elaborando cada un o seu conto como escritores e ilustradores. Agora xa saben porque as castañas teñen dúas cores.
30 oct 2012
MAGOSTO 2012. PRIMEIRO CICLO
Hoxe celebramos o magosto. O día acompañou. Fixemos algúns xogos e bailes e despois, a polas castañas asadas!
29 oct 2012
A CASTAÑA
A castaña é o froito do castiñeiro. O froito preséntase nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro que contén varias castañas.
As castañas pódense comer crúas, fervidas, asadas ou doces. En Francia a miúdo véndese o doce de castaña coñecido como marron glacé. Un xeito sinxelo de asalas é cortar unha pequena fenda en cada castaña e quentalas nun contedor metálico durante 10 ou 15 minutos. O obxecto da fenda é evitar que estouren mentres se asan.
Outro importante uso das castañas é a fariña, coa que se pode preparar pan, pasteis e pasta.
As receitas gastronómicas de castañas están xurdindo ultimamente coa recuperación de receitas tradicionais.
As castañas para se conservaren teñen que estar completamente secas antes de retirar a cápsula espiñenta que as contén e deixalas nunha caixa ou barril cobertas de area fina. Pódese consumir fresca, seca, cocida e asada, a castaña constituíu unha importante contribución calórica para o home e tamén se utilizou na alimentación dos animais domésticos, xa que son ricos en graxas, proteínas, minerais e en vitamina C.
En Galicia, a festa tradicional da recollida das castañas é o magosto, que se realiza a comezos de novembro.
Refraneiro
- A castaña que está no camiño é do veciño.
- Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
- O que non sabe a maña, non come castaña.
- Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
- Temperá é a castaña que por setembro regaña.
27 oct 2012
MOCHILAS VIAXEIRAS DO PRIMEIRO CICLO
O venres 26 de outubro as mochilas viaxeiras iniciaron unha nova andaina no curso 2012-13. O alumnado de primeiro e segundo estaba completamente ilusionado e con ganas de descubrir os grandes tesouros do interior delas.
21 oct 2012
AS PARTES DO CORPO CON BOB ESPONXA
Queres facer algunhas sinxelas actividades sobre as partes do corpo co personaxe de Bob esponxa?
19 oct 2012
UN DÍA ESPECIAL
Hoxe pola mañá gozamos dun día especial e emocionante no noso colexio. A reapertura da biblioteca. O alumnado de primeiro e segundo realizou as súas oportunas visitas. Os novos alumnos e alumnas de Primaria recibiron os seus carnés e as correspondientes carpetas. Finalmente todos disfrutaron cunha actuación musical.
18 oct 2012
O INCRIBLE NENO COMELIBROS
Cortametraxe que se basa na obra do escritor Oliver Jeffers.
Unha historia sinxela que explica a pasión pola lectura e os beneficios do hábito lector.
Unha historia sinxela que explica a pasión pola lectura e os beneficios do hábito lector.
17 oct 2012
15 oct 2012
ENCHÓUPATE NA LECTURA. OUTROS CARTEIS
Xa temos moitos máis carteis realizados polas familias e o alumnado do Primeiro Ciclo.
Parabéns por traballos tan estupendos.
Parabéns por traballos tan estupendos.
13 oct 2012
O CORPO HUMANO
Se queres ser un verdadeiro expert@ do corpo humano (sentidos, músculos, ósos...) preme nos xogos, divírtete e aprende.
ENCHÓUPATE NA LECTURA. CARTEIS
Temos o gusto de contar xa cos algúns marabillosos carteis realizados polas familias do Primeiro Ciclo xunto cos seus fillos e fillas. Grazas por traballos tan ben feitos.
7 oct 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















