Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
12 abr 2013
DÁLLE FORTE AO ALMORZO
Trátase dunha campaña dentro do programa de visitas escolares promovida por GADIS chamada Aprende a comer ben con Gadis.
Nela visítanse distintas seccións do supermercado á vez que se fala da importancia de comer variado, da dieta equilibrada, da importancia dun bo almorzo, da pirámide alimenticia...
7 abr 2013
CAILLOU AFORRA AUGA
Relacionado co proxecto da auga que se está a desenvolver no noso colexio ao longo do actual curso, podemos ver un vídeo de como Caillou está preocupado por aforrar auga e busca diversas solucións.
3 abr 2013
ACTIVIDADE LIM
Xa temos aquí unha serie de actividades interactivas para que os alumnos e alumnas de primeiro e segundo comproben os seus coñecementos e tamén pasen un rato entretidos.
.
28 mar 2013
VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O pasado venres día 22, coincidindo ademais coa data do Día Internacional da Auga, tivemos a honra de contar coa visita de Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador dos libros traballados nas aulas de primeiro e segundo "A GARDERÍA DE DONA BIXELMINA" e "A PEDRA E AS FORMIGAS".
Foron dúas sesións nas que deu informacións interesantes, aclaráronse dúbidas, mostrou ilustracións orixinais dos libros, e finalmente firmou os exemplares de cada alumno e alumna.
24 mar 2013
PRIMEIRO E SEGUNDO NO HORTO ESCOLAR
19 mar 2013
SEMANA DA POESÍA 2013
Hoxe o alumnado do Primeiro Ciclo recitou uns poemas, relacionados coa auga, de Antonio García Teijeiro, Rafael Alberti, Manuel María, Manuel Machado...
A pesar dos nervios do riguroso directo, fixérono moi ben. Noraboa.
A pesar dos nervios do riguroso directo, fixérono moi ben. Noraboa.
11 mar 2013
LECTURAS NO PRIMEIRO CICLO
![]() |
| 1º |
Dúas formigas, que paseaban
![]() |
| 2º |
7 mar 2013
CADERNO DE INVESTIGACIÓN
Xa está aquí o caderno de investigación do 1º Ciclo. Agora o alumnado de primeiro e segundo iniciará as súas pescudas para aprender moito máis sobre "A auga no noso planeta e as súas utilidades."
2 mar 2013
RETO VOCABULARIO EN 2º
26 feb 2013
RETO VOCABULARIO EN 1º
Sabedes unha cousa?

Esta mañá pasou a nosa amiga Pinguiña pola clase de 1º tal como nos tiña
prometido. Conseguimos superar o reto xenial do vocabulario relacionado
coa auga. Podedes ver algunha das fotografías do especial
acontecemento. Agora coñecemos perfectamente algunhas palabras como fervenza, sarabia, billa, folerpa, treboada...

22 feb 2013
VISITA AOS BOMBEIROS
Hoxe foi un día xenial.
Como este ano estamos a traballar como Proxecto de centro "A auga" e máis concretamente no primeiro ciclo "A auga no noso planeta. As súas utilidades", realizamos unha entretida e estupenda visita ao Parque central dos bombeiros de Teis.
Alí visitamos as súas instalacións, contáronnos cousas interesantes, subimos a un camión, utilizamos as mangueiras, puxemos un casco, baixamos pola barra...

11 feb 2013
FESTA DO ENTROIDO 2013
Outra vez un gran éxito a festa do entroido: música, bailes, vestiario...
O alumnado do Primeiro Ciclo tivo unha moi importante participación ao igual que o resto do colexio. Podedes ver algunhas das fotos de dito día (a maioría son dos nenos e nenas de 1º e 2º) e como se preparaban nas súas aulas.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e participación.
Podedes ver moito máis no Recanto de Mik e na web do colexio.

6 feb 2013
ENTROIDO. MARTES E MÉRCORES.
5 feb 2013
4 feb 2013
SEMANA DO ENTROIDO
30 ene 2013
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Hoxe 30 de xaneiro no noso colexio celebrouse o Día da Paz. Por suposto o alumnado de primeiro e segundo realizou diferentes actividades, algunhas delas interactivas, relacionadas con tan importante data.
Ademais houbo unha sorpresa moi agradable, xa que tivemos correspondencia, para as dúas aulas, dos nenos e nenas do Primeiro Ciclo do CEIP Illas Cíes.
23 ene 2013
MEL DE GALICIA
Os bosques galegos esconden un gran tesouro, un tesouro ligado á natureza, á tradición, a Galicia... é un ouro doce, o Mel de Galicia.
Unha representante do Consello Regulador do I.X.P. Mel de Galicia fixo unha visita moi interesante ao Primeiro Ciclo.
Unha representante do Consello Regulador do I.X.P. Mel de Galicia fixo unha visita moi interesante ao Primeiro Ciclo.
Primeiro, unha explicación e mostra de obxectos relacionados co mel, e a continuación, todos e todas a probala.
O mel é un produto natural e fresco que se produce de forma artesanal
desde fai centos de anos. Os colmenares galegos caracterízanse por ser
pequenos e por estar coidados con esmero polo apicultor. Estes coidados e
atencións no proceso de elaboración permiten ao mel conservar as súas
propiedades xenuínas nas diferentes variantes elaboradas e amparadas
pola Indicación Xeográfica Protexida: meles multiflorais, meles
monoflorais de eucalipto, meles monoflorais de castiñeiro, meles
monoflorais de zarza, meles monoflorais de brezo.
19 ene 2013
DÍA DA PAZ. 2013
14 ene 2013
Escritores e escritoras no Primeiro Ciclo
Esta fin de semana o alumnado de primeiro empezou a súa andaina co seu caderno de escritor ou escritora, onde periodicamente, como se fose un diario ou unha axenda escribirán algo propio e interesante, ademais tamén poden copiar algunha poesía ou texto que lles guste. Nesta tarefa os alumnos e alumnas de segundo son uns expertos xa que levan un ano facendo marabillosas achegas.
![]() |
| Segundo |
![]() |
| Primeiro |
![]() |
| Segundo |
![]() |
| Segundo |
![]() |
| Primeiro |
![]() ![]() ![]() |
| Primeiro |
13 ene 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)