24 abr 2013

XOGANDO COS CONTOS

A Concellería de NL. a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, realizou unha actividade dinamizadora do galego dirixida ao alumnado de 1º, 2º e 3º.
O aspecto lúdico e o mundo da ficción son imprescindibles para favorecer a aprendizaxe das nenas e nenos, reforzando a expresión e a comunicación.

O xogo dramático e o conto son os dous elementos que lle dan "vida" a esta actividade na que se escenificaron diversos contos.

21 abr 2013

PRIMEIRO SEMENTA XUDÍAS


A clase de primeiro sementou xudías este pasado xoves. Agora con este bo tempo que por fin temos, esperamos que medren axiña.

SEGUNDO SEMENTA ACELGAS E ESPINACAS


Na primeira semana deste mes de abril, os alumnos e alumnas de segundo sementaron acelgas e espinacas no horto escolar. Ademais decatáronse de que había que protexer os repolos e as coles dos paxariños e as pombas, xa que estaban comendo as súas follas.

17 abr 2013

ANXO MOURE. O CARBALLO CON BOTAS

Tivemos unha MOI entretida sesión de animación á lectura realizada por ANXO MOURE, O CARBALLO CON BOTAS.
Moitas grazas por facernos pasar uns momentos tan divertidos.


Click to play this Smilebox slideshow


12 abr 2013

DÁLLE FORTE AO ALMORZO


Trátase dunha campaña dentro do programa de visitas escolares promovida por GADIS chamada Aprende a comer ben con Gadis.
Nela visítanse distintas seccións do supermercado á vez que se fala da importancia de comer variado, da dieta equilibrada, da importancia dun bo almorzo, da pirámide alimenticia...




7 abr 2013

CAILLOU AFORRA AUGA

Relacionado co proxecto da auga que se está a desenvolver no noso colexio ao longo do actual curso, podemos ver un vídeo de como Caillou está preocupado por aforrar auga e busca diversas solucións.

3 abr 2013

ACTIVIDADE LIM

Xa temos aquí unha serie de actividades interactivas para que os alumnos e alumnas de primeiro e segundo comproben os seus coñecementos e tamén pasen un rato entretidos.
.

28 mar 2013

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O pasado venres día 22, coincidindo ademais coa data do Día Internacional da Auga, tivemos a honra de contar coa visita de Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador dos libros traballados nas aulas de primeiro e segundo "A GARDERÍA DE DONA BIXELMINA" e "A PEDRA E AS FORMIGAS".
Foron dúas sesións nas que deu informacións interesantes, aclaráronse dúbidas, mostrou ilustracións orixinais dos libros, e finalmente firmou os exemplares de cada alumno e alumna.






24 mar 2013

PRIMEIRO E SEGUNDO NO HORTO ESCOLAR




Neste mes de marzo o alumnado de primeiro e de segundo plantou  e sementou repolos, cebolas, coles e leitugas. Coa súa ilusión e traballo seguro que haberá unha gran colleita.




19 mar 2013

SEMANA DA POESÍA 2013

Hoxe o alumnado do Primeiro Ciclo recitou uns poemas, relacionados coa auga, de Antonio García Teijeiro, Rafael Alberti, Manuel María, Manuel Machado...
A pesar dos nervios do riguroso directo, fixérono moi ben. Noraboa.


11 mar 2013

LECTURAS NO PRIMEIRO CICLO


Lucas Leoncavalo vive no circo onde traballan os seus pais. Cando o circo pechou, Lucas xa non será nin domador nin trapecista e será obrigado a ir á gardería de dona Bixelmina, que está invadida por virus e microbios. Lucas Leoncavalo terá en semellante gardería que loitar contra estes terribles bichos que contaxiaban a meniños e meniñas otites, catarros, gripes, lombrigas e pulmonías, conseguindo vencelos. Mais o que non contaba Lucas era que tamén debería vencer á terrible dona Bixelmina. A gardería de dona Bixelmina, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, é un libro para primeiros lectores sobre o mundo do circo e das enfermidades contaxiosas que se producen nas primeiras idades.

Dúas formigas, que paseaban 
polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar. De súpeto unha afinada voz de muller nova comezou a cantar ás súas costas. Non había dúbida ningunha, a voz viña da pedra. Quen se agocharía alí? A pedra e as formigas é un libro, dixirixido a lectores avanzados de sete anos en diante, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. Unha divertida fábula de animais sobre a amizade, onde as cancións e adiviñas teñen un papel destacado para desvelar a intriga que se lle propón aos lectores.

7 mar 2013

CADERNO DE INVESTIGACIÓN

Xa está aquí o caderno de investigación do 1º Ciclo. Agora o alumnado de primeiro e segundo iniciará as súas pescudas para aprender moito máis sobre "A auga no noso planeta e as súas utilidades."


2 mar 2013

RETO VOCABULARIO EN 2º

Este venres estivo visitando Pinguiña a aula de 2º. Por suposto os alumnos e as alumnas conseguiron superar o reto xenial do vocabulario. Que xente tan aplicada! Noraboa.








26 feb 2013

RETO VOCABULARIO EN 1º

Sabedes unha cousa? 
 Esta mañá pasou a nosa amiga Pinguiña pola clase de 1º tal como nos tiña prometido. Conseguimos superar o reto xenial do vocabulario relacionado coa auga. Podedes ver algunha das fotografías do especial acontecemento. Agora coñecemos perfectamente algunhas palabras como fervenza, sarabia, billa, folerpa, treboada...







22 feb 2013

VISITA AOS BOMBEIROS

Hoxe foi un día xenial.
Como este ano estamos a traballar como Proxecto de centro "A auga" e máis concretamente no primeiro ciclo "A auga no noso planeta. As súas utilidades", realizamos unha entretida e estupenda visita ao Parque central dos bombeiros de Teis.
Alí visitamos as súas instalacións, contáronnos cousas interesantes, subimos a un camión, utilizamos as mangueiras, puxemos un casco, baixamos pola barra...


11 feb 2013

FESTA DO ENTROIDO 2013

Outra vez un gran éxito a festa do entroido: música, bailes, vestiario...
O alumnado do Primeiro Ciclo tivo unha moi importante participación ao igual que o resto do colexio. Podedes ver algunhas das fotos de dito día (a maioría son dos nenos e nenas de 1º e 2º) e como se preparaban nas súas aulas.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e participación. 

 Podedes ver moito máis no Recanto de Mik e na web do colexio.


6 feb 2013

ENTROIDO. MARTES E MÉRCORES.

Aquí está o alumnado de primeiro e segundo seguindo as ordes de Don Porcallán do martes e do mércores.






4 feb 2013

SEMANA DO ENTROIDO

 Esta semana celebramos o Entroido. Don Porcallán xa deu as ordes diarias dende o luns ata o xoves para que todos e todas as cumplan.
Tedes aquí ao alumnado de segundo e primeiro cos seus anteollos "fashion, fashion" seguindo a orde do luns.