24 jun 2016

FELIZ VERÁN

Boas vacacións para todo este estupendísimo alumnado e a gozar das vacacións. Aí vai unha fotografía do último día do curso.

12 jun 2016

VIAXE ÁS ILLAS CÍES

Menuda saída de final de curso! O alumnado das aulas de primaria xunto cun bo número de mestres realizaron unha inesquecible excursión de todo o día ás Illas Cíes. Todo transcurriu de marabilla: a ida e volta en barco, os monitores, as distintas rutas camiñando, o bo día que fixo, a auga, a area... Imposible un sitio mellor.




CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

O pasado martes  o  alumnado de segundo participou na segunda parte de "Camiña con nós pola igualdade". A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero. É un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.


29 may 2016

TEATRO NO CONCELLO

Todo  alumnado de Educación Primaria foi partícipe  das VII xornadas municipais de teatro escolar no auditorio do Concello, e da excelente representación "O principiño" realizada polos actores e actrices do CEIP Mestres Goldar.  O alumnado de quinto e algúns de segundo e sexto fixeron unha estupenda representación teatral. Nobaoa. 
O resto de alumnos e alumnas de Primaria asistiron como espectadores. Foi incrible. 
Clica enriba do programa para ir ao Recanto de Mik

SEGUNDO VISITA VITRASA

A aula de segundo visitou as instalacións de Vitrasa. Estivemos nos talleres, tamén nas oficinas, subimos a autobuses de distintas épocas...

25 may 2016

LEITUGAS

HAI XA UNS DÍAS O ALUMNADO DE SEGUNDO LEVOU AS LEITUGAS QUE PLANTARAN NO SEU MOMENTO NA HORTA DA ESCOLA. TEDES AS FOTOS DA COLLEITA FINAL (A IMAXE MAIOR) E DA PLANTACIÓN INICIAL.




ABECEDARIO

Se queres repasar o abecedario aquí tes un xogo interesante.

9 may 2016

MANUEL MARÍA. LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María é o autor homenaxeado este ano na data das Letras Galegas. É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.Clica enriba da imaxe e poderás realizar unhas interesantes actividades interactivas

8 may 2016

FOTO DE 1º E 2º

Esta estupenda fotografía é de todo o alumnado de primeiro e segundo. Dita imaxe figura na contraportada do conto realizado polas dúas clases "O OVO MÁXICO DO DINOSETO". Pronto será un best seller.

MAIOS 2016

Entre o martes e o mércores o alumnado estivo colaborando na construcción do maio. Finalmente no patio do colexio o acto ao que tamén foron invitadas as familias. Clicando sobre a imaxe irás ao Recanto de Mik onde podes ver as distintas fases da construcción e a celebración final.

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES. AFILLADOS E AFILLADAS.

Clicade enriba das imaxes e podedes ir ao Recanto de Mik onde tedes unha gran cantidade de imaxes.

29 abr 2016

PADRIÑOS E MADRIÑAS. AFILLADOS E AFILLADAS

Ao igual que outros anos realizamos o tradicional sorteo de "apadriñamento lector". O alumnado de segundo esperaba con moita emoción quen lle tocaría da aula de cuarto.

28 abr 2016

CERVANTES ACTIVIDADES

Aquí tedes algunhas mostras das actividades relacionadas con Cervantes e Don Quixote. Puzzles, escritura cervantina, investigación e información, e tamén unha exposición de distintos volumes de Don Quixote prestados por alumnado e profesorado.



21 abr 2016

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

Tremendo recurso sobre Don Quixote onde podedes acceder a diferentes actividades sobre esta obra extraordinaria escrita por Miguel de Cervantes.

19 abr 2016

VIGO RECICLA

O alumnado de segundo, terceiro e cuarto participou hoxe na actividade de "Vigo Recicla" na que se traballou a correcta separación dos distintos residuos e materiais en diferentes colectores para a conservación e protección do medio ambiente, ademais de tocar o tema da limpeza no seu contorno, animando con consellos e agasallos a mantelo limpo.

17 abr 2016

O INCRIBE NENO COMELIBROS

Cortametraxe que se basa na obra do escritor Oliver Jeffers.
Unha historia sinxela que explica a pasión pola lectura e os beneficios do hábito lector.

11 abr 2016

OLI

Hoxe visitounos Oli, autor dos libros "O rato avó e o muraño" que traballou a aula de 1º, e" Leocadio, o león" que traballou a aula de 2º. Contou cousas interesantísimas sobre diferentes libros que leva escritos e sobre as dúas obras anteriores.