MATEMÁTICAS: Vamos a hacer problemas con sumas, restas o incluso alguna multiplicación. Clica encima. Ya sabéis que puedo poner algún dato que os puede despistar. Leed con calma los enunciados y las preguntas, y pensad detenidamente lo que hay que hacer. Fijaos bien en los datos. Enviadme las respuestas.
L. GALEGA: Imos facer un último repaso de algo xa varias veces traballado e repetido "palabras con br e bl". (154 e 155). Non debería levarte moito tempo se o fas lendo tranquilamente e fixándote ben as cuestións porque non é difícil. O ditado pódencho ditar (é necesario que o leas tres veces antes polo menos e fixándote nas palabras difíciles para non equivocarte) ou podes copialo no caderno facéndolle un debuxo.
C. SOCIAIS: "A paisaxe de montaña". Unha vez que xa coñecemos como é unha paisaxe de costa, imos ver as características da paisaxe de montaña, que en Galicia aparece en diferentes lugares. Faremos algo similar. (80 e 81). Lede con calma (tampouco é necesario quedarse con todos os datos). Copiaremos o debuxo no caderno ou nun folio e faremos as actividades. Se queres incluso podes copiar no caderno toda a información. Fíxate nas 3 partes da montaña (cume ou parte alta, a palabra nova "aba" que é a ladeira da montaña e o pé que é a parte baixa)
Non esquezades consultar o Recanto de Mik


Podes pegarlle unha cartolina por detrás para que quede máis resistente, despois colorear cada peza como queiras (estas cores ou as que prefiras) e finalmente recortalas.
Agora a formar moitísimas figuras. Tes aquí algunhas. Pero se buscas por internet atoparás moitas outras diferentes. Clica sobre elas para amplialas. Anímate a facelas e manda algunha foto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario