O alumnado de 4º plantou cebolas no horto o venres 20 de xaneiro. Co profesionais que son, seguro que haberá unha gran colleita.
A CEBOLA
Cebola é o nome vulgar da planta co nome científico de Allium cepa. É orixinaria de Asia Central. Durante a Idade Media empregábase tanto gastronomía como na farmacopea. En sistemas taxonómicos máis antigos pertencía á familia das Liliáceas e subfamilia das Alioídeas, mais os taxonomistas máis recentes inclúena na familia das Alliaceae. O termo refírese tamén ao seu bulbo, constituído por follas escamiformes, en capas. As súas flores están dispostas en forma de quitasol. As plantas novas, co bulbo pouco desenvolvido e sen flor, chámanse tamén co nome de cebolo ou ceboliño.
Para o seu cultivo precisa de solos ricos en materia orgánica, sans, profundos, soltos e non calcáreos. É unha planta que prefire climas temperados non húmidos.
O principal produtor de cebola é México. Cultivase principalmente nos países europeos do mediterráneo e tamén nos países árabes. Ceboliña: existen dous tipos das chamadas ceboliñas: Allium fistulosun e Allium schoenoprasun diferentes da Allium cepa.

Estubo moi vuai o de as cebolas
ResponderEliminarCando plantamos as cebolas nos gusto moito.Mariruz nos ensinou moitos cousa ,como poñer as cebolas ben.
ResponderEliminar