17 jun 2020

REPASO

Veña! Que xa estamos na metade da semana e falta pouco.
NATURAIS: Actividades de repaso (106 e 107). Primeiro hai que ler o cadro amarelo con calma, e despois faremos as actividades. Lembra a diferencia entre máquina simple e composta, e que hai que ter coidado cando usamos as máquinas para non ter accidentes.
MATEMÁTICAS: Nos ponemos en las páginas 204 y 205. Vamos a hacer la tarea "¡Fiesta de verano!". Lee la explicación y haz el primer puntito del número 1 (como hace tiempo que estuvimos con las horas igual no te acuerdas y te doy la solución de parte del ejercico, ya que estuvo colocando tableros y piezas durante 45 minutos), el 2º y 3º puntito puede quedar sin hacer. Después haces el número 2 que es una tabla y debes responder. 
Que tal andas de atención? Busca todos os debuxos iguais e completa nos cadros correspondentes. Clica enriba de nova actividade unha vez que entres no xogo. Clica sobre a imaxe primeiro. (Necesitas ter Adobe Flash Player para que funcione o xogo)

http://www.genmagic.net/mates1/iguals1c1.swf

L. CASTELLANA:  Empezamos a repasar lo que ya sabes. En la página 195 haremos el 1, 2 y 3 y haremos también la página 197. Recuerda bien cómo separar las palabras al final de la línea; las lenguas que se hablan en España; el uso de mp, mb, br y bl, o también el uso de la coma. Es posible que tengas que ir al libro y consultar alguna explicación para no tener errores.
L. GALEGA: Faremos os exercicios 3, 4, 5, 6 e 8 das páxinas 198 e 199. Lembra que os signos de interrogación? e exclamación! só van ao final en galego. Tamén ten en conta que no exercicio 4 non explicamos o de suxeito e predicado pero é moi sinxelo unir as frases para que teñan sentido. No 5 e 6 lembra que ao falar do número (singular e plural), quere dicir que singular é só unha cousa (mesa)e plural son 2 ou máis cousas (mesas). En canto ao xénero feminino refírese a algo referido a unha chica, muller, femia...Poño varios exemplos como rapaza, porta, gata, botella, escola...
Tes aquí un vídeo que sirve para repaso sobre xénero e número, pero non é necesario que aprendas todo o que explica.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario