
Co motivo da conmemoración do 25 de novembro do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o alumnado de terceiro e de cuarto participou nunha actividade de teatro titulada "Eu de maior quero ser..." no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Alí recibimos unha pulseira e disfrutamos dunha interesante representación.
SINOPSE:
Caramuxo teatro presenta de esta volta un espectáculo que trata a violencia de xénero, unha comedia realizada a partir de textos de Darío Fo misturados con diferentes grabacións realizadas por colexios da comarca das Mariñas. Nos videos que se proxectan durante o espectáculo, os escolares amosan a súa singular visión sobre a violencia machista e a desigualdade entre o home e a muller ademáis de amosarnos as suas inquedanzas, aspiracións e esperanzas por un mundo máis igual.
Por outra banda, entre video e video dúas actrices descóbrennos a unhas mulleres moi diferentes máis con problemáticas semellantes, dúas mulleres que loitan á súa maneira por fuxir da realidade que as rodea.
Unha comedia realizada en colaboración co Consorcio das Mariñas para aprender en familia.
Noraboa por un traballo tan ben feito.
ResponderEliminarUnha actividade interesantísima! Esperemos que as novas xeracións sexan quen de vivir en igualdade, sen abusos e sen violencia de ningunha clase.
ResponderEliminarBicos ratunos
Ola, o teatro foi moi divertido. Facía moita gracia e representaba que no temos que ir contra a violencia
ResponderEliminar