Na aula de terceiro hai un importante grupo de alumnas que practican ximnasia rítmica e unha delas achegou algúns complementos necesarios para esta actividade. Quizais algunha dela nos represente nuns Xogos Olímpicos. Ánimo!
O obxectivo deste deporte é a busca de exhibicións orixinais, encadear exercicios difíciles, equilibrados e belos que potencien a expresividade e impresionen pola súa perfección técnica, harmonía e ritmo no movemento.Os elementos que se empregan neste deporte son basicamente cinco:
- Aro. Trátase dun elemento complicado.
- Fita. A fita é vistosa e divertida, emprégase con música alegre.
- Corda. Está considerado o máis difícil, aínda que por outra banda é tamén o máis elixido polas profesionais da ximnasia rítmica.
- Mazas. É o elemento máis dinámico e alegre.
- Pelota. Ofrece as rutinas máis elegantes.
Un deporte precioso
ResponderEliminarE UN deporte mui vuai
ResponderEliminar