Lucía Soler trouxo un anaco do Muro de Berlín e deunos algúns datos sobre el.
Comezou a construirse na madrugada do 13 de agosto de 1961, del facían parte 66,5 km de chenzo metálico, 302 torres de observación, 127 redes metálicas electrificadas con arame, 255 pistas de corrida para feroces cans de garda. Este muro provocou moitas familias separadas, a morte a 80 persoas identificadas, 112 ficaron feridas e millares aprisionadas nas diversas tentativas de o atravesar.
O Muro de Berlín caeu o 9 de novembro de 1989, acto inicial da reunificación das dúas Alemañas, que formaron finalmente a República Alemá, acabando tamén a división do mundo en dous bloques. Moitos apuntan este momento tamén como a fin da Guerra fría.
Que interesante!! Lucía, grazas por compartir con nós este anaquiño de historia.
ResponderEliminarBicos ratunos
Grazas a Lucia temos un anaco de muro de Berlin
ResponderEliminarno colexio.