Boa fin de semana!
MATEMÁTICAS: Vamos a hacer problemas con sumas, restas o incluso alguna multiplicación. Clica encima. Leed con calma los enunciados y las preguntas, y pensad detenidamente lo que hay que hacer. Fijaos bien en los datos. Enviadme las respuestas.
Xoga coas matemáticas clicando sobre o debuxo de "Granja Matemática".
![]() |
Nerea |
L. GALEGA: Lectura dun texto narrativo (recomendo 2 veces) das páxinas 162 e 163 "Un frasco de perfume" e exercicio de "melloro a miña escritura". A lectura faina con calma e prestando atención ás palabras máis longas. Despois hai que facer as actividades de comprensión do conto na páxina 164.
SOCIAIS: Os incendios acaban coa vida de moitos animais e plantas, pois os bosques son o refuxio e o lugar onde teñen o seu acubillo. A recuperación dun bosque é unha tarefa moi longa e difícil, porque as árbores tardan moitos anos en volver crecer.
Faremos as páxinas 88 e 89. Lectura da páxina inicial "O coidado da natureza e a orientación" e despois as actividades "Que sabemos".
Hoxe venres toca PLÁSTICA. Imos traballar coas cores primarias que son azul, vermella e amarela. Tes un vídeo que te axudará a facer a actividade. Podes facelo parecido, utilizar ceras grosas, lapis de cores, rotuladores...Como queiras.
Mándame algunha foto da túa creación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario