16 jun 2024

MAIS EXPOSICIÓNS

Nestes últimos días tivemos máis conferencias sobre diversios deportes. Canto estamos aprendendo e que ben o están a facer!







5 jun 2024

SAÍDA BAIONA

O 31 de maio o alumnado de Primaria realizou a saída de final de curso. Visitamos diversos lugares de Baiona. Que bo día e que ben o pasamos!










27 may 2024

O FACHO OLíMPICO

A pasada semana tivemos outra gran exposición, esta vez de Sira e Olivia, que nos explicaron varias características do facho olímpico e a súa historia. Moi ben!



8 may 2024

TEATRO NO CONCELLO

Foto de todo o elenco de actores e actrices do noso colexio que representaron a obra Vigo-París, no escenario do Auditorio do Concello de Vigo o 7 de maio.



ELABORANDO E COMENDO CREPES

Neste ano olímpico tocou preparar e comer crepes, algo moi típico de París.











MÁIS EXPOSICIÓNS

Tivemos a sorte de contar con outras 3 exposicións estes días. 

Iago C. explicounos a esgrima, Jacob A. o waterpolo e Yeikob Mella, hoxe, o bádminton.

Canto aprendimos co seu gran traballo!









26 abr 2024

SAÍDA BOMBEIROS

Hoxe fixemos unha saída didáctica ao Parque de Bombeiros de Teis. Alí explicaron cousas moi interesantes ademais de subir a un camión, usar as mangueiras, estar no seu ximnasio, baixar pola barra, comprobar o que pesan algúns dos seus utensilios...








ATLETISMO

O luns 22 tocou actividade de atletismo nas instalacións do Ifevi. Lanzamento de peso, 60 metros, 500 metros, salto de lonxitude, vortex e relevos.

Fixeron un gran papel!



19 abr 2024

28 mar 2024

2ª CONFERENCIA

Sergio foi o segundo en facer a súa conferencia. Estupenda exposición!



MÚSICA NO CONCELLO

 O 21 fixemos unha saída didáctica ao Auditorio do Concello de Vigo para asistir a un concerto realizado polo profesorado da Escola tradicional de Música de Vigo (ETRAD).

Ademais todo o alumnado foi partícipe de dita actividade e houbo incluso quen estivo no escenario tamén.