24 nov 2023

CAMPO A TRAVÉS

Hoxe tocou actividade de cross organizada pola Xunta. Hai quen chegou fatigad@ pero tod@s alcanzaron a meta e ademais pasámolo ben.



15 nov 2023

MAGOSTO

Aínda que tivemos un día chuvioso, fixemos o magosto coa degustación das castañas, percorrido por varios xogos...
Houbo algunha cara e algunhas mans que quedaron un pouco manchadas!





2 nov 2023

26 oct 2023

MUSEO DO MAR

A pesar do mal tempo que fixo pasámolo xenial no Museo do Mar e aprendimos moitas cousas interesantes.










25 oct 2023

REAPERTURA DA BIBLIOTECA

Foto do día que nos tocou volver á biblioteca na súa reapertura, a recoller as mochilas viaxeiras e as entradas para o cine.



2 oct 2023

CURSO 2023-24

Houbo que esperar a outubro para ter aos 25 alumnos e alumnas á vez. Primeira foto do grupo completo.



15 jun 2023

VISITA AO CASTRO DE VIGO

O día 13 fixemos unha saída didáctica ao Monte do Castro. Primeiro visitamos a parte máis alta e fomos ao interior da fortaleza. Despois baixamos a unha actividade guiada para ver as casas dos castrexos. Importantes mostras do pasado e da historia da nosa cidade.








25 may 2023

OS MAIOS

E chegou o día dos Maios. O alumnado de terceiro cantou as súas coplas estupendamente, acompañándoas co son dos seus paus.



19 may 2023

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

E chegou o día do apadriñamento lector ao alumnado de 1º. Fixo un día estupendo e todo o alumnado do colexio facendo unha preciosa e emotiva actividade no patio.