24 nov. 2011

Contra a violencia de xénero















Co motivo da conmemoración do 25 de novembro do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o alumnado de terceiro e de cuarto participou nunha actividade de teatro titulada "Eu de maior quero ser..." no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Alí recibimos unha pulseira e disfrutamos dunha interesante representación.
SINOPSE:

Caramuxo teatro presenta de esta volta un espectáculo que trata a violencia de xénero, unha comedia realizada a partir de textos de Darío Fo misturados con diferentes grabacións realizadas por colexios da comarca das Mariñas. Nos videos que se proxectan durante o espectáculo, os escolares amosan a súa singular visión sobre a violencia machista e a desigualdade entre o home e a muller ademáis de amosarnos as suas inquedanzas, aspiracións e esperanzas por un mundo máis igual.
Por outra banda, entre video e video dúas actrices descóbrennos a unhas mulleres moi diferentes máis con problemáticas semellantes, dúas mulleres que loitan á súa maneira por fuxir da realidade que as rodea.
Unha comedia realizada en colaboración co Consorcio das Mariñas para aprender en familia.

23 nov. 2011

Lectura e escritura




Hoxe estivemos na aula de audiovisuais onde as profesoras Lourdes e Ana mostraron estratexias para fomentar e traballar os hábitos correctos na lectura e na escritura. Unha postura correcta, a iluminación, un lugar axeitado...son imprescindibles para acadar as competencias.

21 nov. 2011

A música nos Xogos Olímpicos

Mañá 22 de novembro é o día se Santa Cecilia, a patroa dos músicos. Como a música tamén ten unha parte nos Xogos Olímpicos, tedes aquí dous vídeos das melodías oficiais das OLIMPÍADAS de Barcelona92. Disfrutade de dúas cancións marabillosas, de catro excepcionais profesionais coma Freddie Mercury, Montserrat Caballé, Sarah Brightman e Xosé Carreras e de unhas boísimas e históricas imaxes.

Grazas Aixa por aportar uns interesantes datos relacionados con este tema.


17 nov. 2011

Cogomelos

Un cogomelo é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas.

Archivo:Boletus erythropus 2010 G3.jpg
Amatitas muscaria (velenoso e arriba) atopados
 nunha zona boscosa do colexio e
 Boletus erythropus (abaixo) que é comestible

A época na que se fan visibles en superficie é, para a maior parte deles, o outono, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa. Aínda que algúns (o Champiñón e o Pleurotus) son cultivables todo o ano baixo certas condicións de iluminación, temperatura e humidade, a maior parte e os máis saborosos (níscaro, boleto, matacandil, etc.) só medran no monte e non se ten acadado o seu cultivo controlado. Un cogomelo comestible moi común no noso país é a zarrota.
A maior parte medran ao abeiro dunha árbore, ben no chan ou nas súas pólas.
COGOMELOS COMESTIBLES
Algúns cogomelos pódense comer, como a "andoa de pé vermello ou Boletus erythropus"  ou tamén a "pantorra". Cociñados por exemplo nunha tortilla, son a delicia dos que gozan dos pratos exquisitos.

COGOMELOS VELENOSOS
Moitos cogomelos son velenosos. Non hai que comelos. Poden dar dor de barriga ou mesmo causar a morte. Moito ollo! Sempre hai que lavar as mans despois de tocalos.






11 nov. 2011

Magosto 2011

Magosto on PhotoPeach
Aquí tedes algunhas simpáticas fotos do noso alumnado de terceiro e cuarto o día do magosto. Quen é capaz de atoparse?

10 nov. 2011

Os minerais II

Moitas grazas a Mario, Adriana, Lucía F., Andrea, Sophía, Edu,  e ao resto do alumnado polo seu interese polo mundo dos minerais e traer a clase algunhas mostras interesantísimas (variedades de cuarzo, ágata, amatista, rosa do deserto, quiastolita, azurita, ollo de tigre, calcita...) e darnos algunhas informacións valiosas.                  
As rochas volcánicas son aquelas que se formaron polo enfriamento da lava na superficie terrestre. Este rápido enfriamento fai que se formen nestas rochas moitos cristais pequenos chamados microcristais o grans finos. (Adriana)


A escala de Mohs é utilizada en xeoloxía para medir a dureza dos minerais. Foi proposta por Friedrich Mohs e baséase na resistencia dun mineral a ser raiado por outro.
Mohs, que era xeólogo, escolleu 10 minerais ós que atribuíu un determinado grao na súa escala comezando polo talco ó que lle deu o número 1 e rematando polo diamante ó que lle deu o 10. (Mario)
A táboa é a seguinte:
DurezaMineral
1Talco (pódese raiar facilmente coa unlla).
2Xeso (pódese raiar con certa dificultade coa unlla).
3Calcita (pódese raiar cunha moeda de cobre).
4Fluorita (pódese raiar facilmente cun coitelo).
5Apatito (pódese raiar con certa dificultade cun coitelo).
6Ortosa ou feldespato(pódese raiar cunha lixa de aceiro).
7Cuarzo (raia ó vidro).
8Topacio (é raiado polo corindón).
9Corindón (zafiros e rubíes son variedades de corindón).
10Diamante (o mineral natural máis duro).


9 nov. 2011

A castaña

Ficheiro:Frucht der Edelkastanie.jpg
A castaña é moi nutritiva, moito máis que calquera froito silvestre, aínda que de dixestión pesada.
O home aproveitouna sempre na súa dieta, e aproveitouna de mil formas. Isto xunguido á utilidade do castiñeiro, do que todo se aproveita, fainos afirmar que hoxe é a árbore silvestre de folla caduca máis cultivada.
O castiñeiro non dá máis traballo que o de quitarlle algún cano seco, xa que el mesmo se esterca coa folla que lle cae.
Co outono, as castañas empezan a pingar, isto é, abrir os ourizos e deixar caer os froitos. Estas castañas son as do angazo, xa que se recollen con el. É o labor da apaña.

Traballos realizados polo alumnado de 3º e 4º relacionados co magosto

O castiñeiro varéase coa baloira ou taloira, pao longo co que se van chimpando os ourizos e cos que se fai unha ouriceira para que podreza o ourizo e se abra.
Despois recóllense e póñense no canizo enriba da lareira para que se sequen e non podrezan.
Outras veces vanse sacando as castañas do ourizo cos pés calzados con zocos.
Nas zonas de moitas castañas constrúen sequeiros onde se poñen as castañas para secar. No andar de abaixo, co piso de terra, acéndese lume e o fume pasa ao primeiro andar e vainas secando.
Nalgunhas comarcas tamén se usan as máis pequenas para o engorde de gando, sobre todo dos porcos, feito éste ao que se atribúe a boa calidade dos xamóns.

8 nov. 2011

Ximnasia rítmica

Na aula de terceiro hai un importante grupo de alumnas que practican  ximnasia rítmica e unha delas achegou algúns complementos necesarios para esta actividade. Quizais algunha dela nos represente nuns Xogos Olímpicos. Ánimo!
O obxectivo deste deporte é a busca de exhibicións orixinais, encadear exercicios difíciles, equilibrados e belos que potencien a expresividade e impresionen pola súa perfección técnica, harmonía e ritmo no movemento.
Os elementos que se empregan neste deporte son basicamente cinco:
  • Aro. Trátase dun elemento complicado.
  • Fita. A fita é vistosa e divertida, emprégase con música alegre.
  • Corda. Está considerado o máis difícil, aínda que por outra banda é tamén o máis elixido polas profesionais da ximnasia rítmica.
  • Mazas. É o elemento máis dinámico e alegre.
  • Pelota. Ofrece as rutinas máis elegantes.
Neste deporte olímpico hai competición tanto por conxuntos coma individualmente. En Barcelona 92 Carolina Pascual conseguiu a medalla de prata. En Atlanta 96 o conxunto español a de ouro.

7 nov. 2011

Os minerais

Sandra trouxo a clase unha amatista, ouro e unha calcantita (e información interesante) que é un mineral que contén cobre e pertence ao grupo dos sulfatos. Fórmase pola oxidación a partir da calcopirita e outras variedades do cobre. É unha pedra semipreciosa. A amatista é o mineral do signo do zodíaco dos "piscis" ou peixes.


Os minerais son os materiais de que están feitas as rochas. Diferéncianse pola dureza, o brillo, a cor e a forma. Utilízanse para construir edificios, para obter metais e para elaborar xoias.

5 nov. 2011

EL LIBRO HELADO


Estaba el señor don Libro
sentadito en su sillón,
con un ojo pasaba la hoja
con el otro ve televisión.
Estaba el señor don Libro
aburrido en su sillón,
esperando a que viniera… (a leerle)
algún pequeño lector.
Don Libro era un tío sabio,
 que sabía de luna y de sol,
    que sabía de tierras y mares,
de historias y aves,
de peces de todo color.

Estaba el señor don Libro,
tiritando de frío en su sillón,
vino un niño, lo cogió en sus manos
y el libro entró en calor.

Gloria Fuertes

3 nov. 2011

O Muro de Berlín


Lucía Soler trouxo un anaco do Muro de Berlín e deunos algúns datos sobre el.
 
O Muro de Berlin foi un símbolo da división da Alemaña en dúas entidades, a República Federal Alemá e a República Democrática Alemá. Este muro, alén de dividir a cidade de Berlín (cidade olímpica en 1936) ao medio, simbolizaba a división do mundo en dous bloques ou partes: o Bloque Occidental, constituído polos países democráticos encabezados polos Estados Unidos da América, e o Bloque de Leste, ou Soviético, constituído polos países comunistas, que tiñan á súa frente a Unión Soviética.
Comezou a construirse na madrugada do 13 de agosto de 1961, del facían parte 66,5 km de chenzo metálico, 302 torres de observación, 127 redes metálicas electrificadas con arame, 255 pistas de corrida para feroces cans de garda. Este muro provocou moitas familias separadas, a morte a 80 persoas identificadas, 112 ficaron feridas e millares aprisionadas nas diversas tentativas de o atravesar.
O Muro de Berlín caeu o 9 de novembro de 1989, acto inicial da reunificación das dúas Alemañas, que formaron finalmente a República Alemá, acabando tamén a división do mundo en dous bloques. Moitos apuntan este momento tamén como a fin da Guerra fría