27 nov 2017

IGUALDADE

  Camiña con nós pola Igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
  A súa finalidade é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.



12 nov 2017

MAGOSTO

O mércores 8 fixemos o magosto. O tempo acompañou. Despois de ir pasando polos diferentes xogos (comecastañas, buxaina, castaña con culler, carreira de sacos...), todos a comer castañas! Non quedou nin a primeira. Pasámolo estupendamente.

 


PREPARANDO O MAGOSTO






28 oct 2017

SAMAÍN

COLOREA A CABAZA POLO SAMAÍN

http://cp.claracampoamor.fuenlabrada.educa.madrid.org/flash/halloween/22.swf

OUTONO NO CEIP MESTRES GOLDAR




O alumnado de segundo estivo paseando polas distintas zonas do patio e comprobou os efectos do outono nas diferentes árbores e plantas (carballos, moreira, hortensias, castiñeiro...). Aprendimos moito e ademais o pasamos xenial.
 


27 sept 2017

COLOREA E DEBUXA

Clica enriba para poder facer este xogo de debuxar e colorear. Podes escoller cores, diferentes debuxos, grosor de trazo...
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?idContent=14409&locale=es_ES&textOnly=false

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2017-18




Xa estamos nun novo curso. O alumnado de primeiro xa está en segundo e ademais chegou unha nova compañeira.

21 may 2017

MUSEO DE PONTEVEDRA

FIXEMOS UNHA SAÍDA AO MUSEO DE PONTEVEDRA. HABÍA CADROS, MOBLES, ESCULTURAS...

MAIO 2017

Clica enriba da foto de Primeiro e podes ir a máis fotos da elaboración do MAIO realizado por diferentes cursos, e clicando enriba da foto de Segundo vas ao día da festa.
https://photos.google.com/share/AF1QipPy4BQIS4OVu0NEzvvBaO4NHyV_CR3Wqj9q9yICKf8XnxjxNkH-SR37pFiWaK8suQ?key=Rmd6MnkwYjVTOFFFQnd3ci16a0tXZnkzVGlVT2tR

https://photos.google.com/share/AF1QipOlAWc6yLazI--p6Lf-8deOP1bDbmWqXLT1BFSJW98ALNas3o7W7GRNnGkcJWxtcg?key=UDFVWUNQSGswaHNOel9yX1FlWVoxUXMwU0VxakZB

1 may 2017

ANDAINA

O día 27 fixemos unha estupenda saída organizada pola Oficina de medio Ambiente da Universidade, coñecendo flora e fauna do campus universitario da nosa cidade. 
Podes ampliar a imaxe clicando abaixo á dereita e tamén escoitalo con música.



MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

O MÉRCORES 26 AS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES REALIZARON  NO PATIO DO COLEXIO A LECTURA AOS SEUS AFILLADOS E AFILLADAS QUE LLES TOCARON NOS DIFERENTES SORTEOS REALIZADOS NO DÍA ANTERIOR.
QUE BEN O PASOU TODO O ALUMNADO NESTA DATA TAN INTERESANTE E PRECIOSA.
 Podedes ver máis fotos no RECANTO DE MIK