28 mar 2024

2ª CONFERENCIA

Sergio foi o segundo en facer a súa conferencia. Estupenda exposición!



MÚSICA NO CONCELLO

 O 21 fixemos unha saída didáctica ao Auditorio do Concello de Vigo para asistir a un concerto realizado polo profesorado da Escola tradicional de Música de Vigo (ETRAD).

Ademais todo o alumnado foi partícipe de dita actividade e houbo incluso quen estivo no escenario tamén.








PRIMEIROS AUXILIOS

O mércores 20 tivemos unha interesantísima charla e actividade práctica relacionada cos primeiros auxilios, impartida por 2 doutoras e 1 doutor.







VISITA ESCRITOR

O venres 15 de marzo visitounos Pablo Nogueira, o autor do libro "RINGO".






18 mar 2024

DÍA DA MULLER

 Polo DÍA DA MULLER realizamos diversas actividades relacionadas con deportistas galegas. Pasámolo xenial.






TEATRO

O 27 de febreiro estivemos no auditorio de Afundación para asistir á obra de teatro HUGO. Aborda o trastorno do espectro autista na infancia desde a empatía, a sensibilidade, falando da diversidade, de convivencia e da beleza e importancia de ser diferentes.




A primeira conferencia

Izan foi o primeiro en realizar unha conferencia. O deporte escollido por el foi o BÉISBOL. A pesar dos nervios iniciais fíxoo xenial.



CONCLUSIÓNS DIA DA PAZ

CONCLUSIÓNS VÍDEO PAZ

Clica sobre sobre a frase anterior e irás ao vídeo onde están as conclusión ás que chegou gran parte do alumnado.