25 may 2023

OS MAIOS

E chegou o día dos Maios. O alumnado de terceiro cantou as súas coplas estupendamente, acompañándoas co son dos seus paus.



19 may 2023

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

E chegou o día do apadriñamento lector ao alumnado de 1º. Fixo un día estupendo e todo o alumnado do colexio facendo unha preciosa e emotiva actividade no patio.







CONSTRUÍNDO O MAIO

Chegou o día de poñer o fiuncho para facer o maio do noso colexio. E contamos coa axuda da profe Mari Luz!








SORTEO PARA ESCOLLER OS AFILLADOS E AFILLADAS LECTORES

A aula de terceiro fixo o sorteo na aula de 1º. Os nervios do alumnado máis cativo estaban presentes e tamén os dos maiores. Os de 3º déronlle un agasallo aos seus afillados e afilladas correspondentes.




UNHA NOVA DIMENSIÓN

O 11 de maio visitounos o escritor Anxo Iglesias, o autor do libro traballado na nosa aula "Unha nova dimensión". Pasámolo xenial con el!







FOTOS TEATRO

Temos algunhas fotos da excelente representación no Auditorio do Concello de Vigo o día 9 de maio. Ademais Abel Caballero apareceu para a entrega de diplomas aos actores e actrices. As 2 primeiras son as fotos feitas no colexio para o cartel da representación.