30 mar 2014

REPASA AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Xoga e repasa as táboas. Clica enriba das imaxes.


MÉRCORES DE POESÍA

Este mércores foi o turno do alumnado das aulas de primeiro e segundo, os nenos e nenas recitaron diversas poesías de Manuel María, Federico García Lorca, Ana Serna...
Coma sempre, unha marabilla.


16 mar 2014

CADERNO DE INVESTIGACIÓN

O Primeiro Ciclo xa ten o caderno de investigación relacionado co Proxecto deste ano (a alimentación). As aulas de primeiro e segundo están a investigar e recoller información sobre a gastronomía relacionada co Magosto, Nadal e Entroido, aínda que xa son bos coñecedores do tema, despois das doces xornadas gastronómicas levadas a cabo.