28 nov 2021

OS CLIMAS DE ESPAÑA

Tedes aquí un vídeo explicativo sobre os distintos climas de España. Ten en conta que algunha información pode non coincidir exactamente co que hai no voso libro.
Onte, día 27, foi o aniversario de Xián. Parabéns!!

OS ECOSISTEMAS

ACENTUACIÓN DAS PALABRAS

 Clica na imaxe para ver un vídeo moi clariño sobre a acentuación das palabras.



25 nov 2021

25 DE NOVEMBRO

 Hoxe día 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e no colexio fixemos diversas actividades como a realización dun vídeo da canción "La puerta violeta" coas camisetas proporcionadas pola ANPA. 



Tamén desde a biblioteca estivemos participando na realización conxunta dun mural sobre un cabaliño de mar, que como sabedes é algo curioso, xa que é o macho o que expulsa as crías ao exterior despois de incubar os ovos.




24 nov 2021

ACTIVIDADE DEPORTIVA XOGADE

 A aula de 4º participou  na actividade Xogade organizada pola Xunta de Galicia. Fixérono xenial!






1 nov 2021

SAMAÍN

 Un venres de medo! Impresionantes disfraces e maquillaxes, túnel do terror, merendas terroríficas...




 

Reapertura biblioteca

 O xoves tocoulle á nosa aula unha actividade relacionada co DODO, un animal que desapareceu xa hai uns anos, dentro da organización da reapertura da biblioteca. 

Onte, 31 de outubro, foi o aniversario de Xoel. Parabéns!!