31 dic 2012

FELIZ 2013

Remata este 2012 e empeza o 2013 cos mellores desexos para todos e todas. Podedes ver algunhas das fotos realizadas durante o gran espectáculo "OS REIS VAGOS" o día 21 no noso colexio.
Click to play this Smilebox slideshow


19 dic 2012

16 dic 2012

Que sabemos e que queremos saber?

Como preparación e motivación cara ao proxecto documental do centro que se está levando a cabo este curso sobre “A  AUGA”, o 1º Ciclo de Ed. Primaria realizou  unha actividade dinámica e activa sobre “A auga no noso planeta. As súas utilidades”.
Nela todo o alumnado, ademais de pasalo ben,  fixo as súas aportacións sobre o que sabía sobre "A auga no noso planeta. As súas utilidades" e que quería saber sobre dito tema.
O resultado final é do máis interesante.
Aula de segundo

Aula de primeiro
 

10 dic 2012

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

 O 10 de decembro de 1948, tal día coma hoxe, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos nun total de 30 artigos.
Dita proclamación feita como ideal común polo que todos os pobos e nacións deben esforzarse, a fin de que tanto os individuos como as institucións, inspirándose constantemente nela, promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto entre os pobos dos Estados Membros como entre os dos territorios colocados baixo a súa xurisdición.





1 dic 2012

O COFRE DAS PALABRAS

O uso do c e z, adxectivos, signos de puntuación, comprensión lectora e moito máis para que o alumnado do Primeiro Ciclo xogue e aprenda. Clica na imaxe para empezar.

25 nov 2012

CURIOSIDADES NA AULA DE PRIMEIRO

Tres alumnos da aula de primeiro trouxeron unha serie de obxectos interesantes.
Pedro, unhas rochas volcánicas da illa de Lanzarote; Igor, o esqueleto dunha vacaloura e unhas buguinas; e Mario unhas pezas de cerámicas antigas e uns fósiles de trilobites. Toda a clase disfrutou en directo das súas explicacións e  examinando e tocando estes valiosos materiais.





19 nov 2012

A NATUREZA ENTRA NAS NOSAS AULAS

Noa Conde de 1º trouxo un anaco dun panal dunha colmea. Poidemos ver as celas construídas polas abellas e incluso unha boa cantidade de mel.

Miguel de 2º mostrounos uns fermosos e suaves coelliños. Foi todo un acontecemento para o alumnado.

Moitas grazas ás familias por achegarnos este tipo de experiencias




14 nov 2012

OBRADOIRO DE IGUALDADE 2º

Camiña con nós pola igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Infantil e 2º, 4º e 6º de Ed. Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.


6 nov 2012

MUSEO DO MAR

O alumnado do Primeiro Ciclo fixo unha interesantísima visita ás instalacións do Museo do Mar, un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento.

1 nov 2012

A CASTAÑA QUE ESTOUPOU COA RISA

Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo fixeron un excelente traballo elaborando cada un o seu conto como escritores e ilustradores. Agora xa saben porque as castañas teñen dúas cores.


29 oct 2012

A CASTAÑA


A castaña é o froito do castiñeiro. O froito preséntase nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro que contén varias castañas.
As castañas pódense comer crúas, fervidas, asadas ou doces. En Francia a miúdo véndese o doce de castaña coñecido como marron glacé. Un xeito sinxelo de asalas é cortar unha pequena fenda en cada castaña e quentalas nun contedor metálico durante 10 ou 15 minutos. O obxecto da fenda é evitar que estouren mentres se asan.
Outro importante uso das castañas é a fariña, coa que se pode preparar pan, pasteis e pasta.
As receitas gastronómicas de castañas están xurdindo ultimamente coa recuperación de receitas tradicionais.
As castañas para se conservaren teñen que estar completamente secas antes de retirar a cápsula espiñenta que as contén e deixalas nunha caixa ou barril cobertas de area fina. Pódese consumir fresca, seca, cocida e asada, a castaña constituíu unha importante contribución calórica para o home e tamén se utilizou na alimentación dos animais domésticos, xa que son ricos en graxas, proteínas, minerais e en vitamina C.

En Galicia, a festa tradicional da recollida das castañas é o magosto, que se realiza a comezos de novembro.


Refraneiro

  • A castaña que está no camiño é do veciño.
  • Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
  • O que non sabe a maña, non come castaña.
  • Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
  • Temperá é a castaña que por setembro regaña.
- ----

27 oct 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS DO PRIMEIRO CICLO

O venres 26 de outubro as mochilas viaxeiras iniciaron unha nova andaina no curso 2012-13. O alumnado de primeiro e segundo estaba completamente ilusionado e con ganas de descubrir os grandes tesouros do interior delas.




Antía, Pedro e Daniela de 1º


19 oct 2012

UN DÍA ESPECIAL

Hoxe pola  mañá gozamos dun día especial  e emocionante no noso colexio. A reapertura da biblioteca. O alumnado de primeiro e segundo realizou as súas oportunas visitas. Os novos alumnos e alumnas de Primaria recibiron os seus carnés e as correspondientes carpetas. Finalmente todos disfrutaron cunha actuación musical.


18 oct 2012

O INCRIBLE NENO COMELIBROS

Cortametraxe que se basa na obra do escritor Oliver Jeffers.
Unha historia sinxela que explica a pasión pola lectura e os beneficios do hábito lector.

17 oct 2012

Se clicas na imaxe chegas a un dinámico e entretido xogo sobre o aire e a auga e importantes informacións. 

15 oct 2012

ENCHÓUPATE NA LECTURA. OUTROS CARTEIS

Xa temos moitos máis carteis realizados polas familias e o alumnado do Primeiro Ciclo.
Parabéns  por traballos tan estupendos.

13 oct 2012

O CORPO HUMANO

Se queres ser un verdadeiro expert@ do corpo humano (sentidos, músculos, ósos...) preme nos xogos, divírtete e aprende.










ENCHÓUPATE NA LECTURA. CARTEIS

Temos o gusto de contar xa cos algúns marabillosos carteis realizados polas familias do Primeiro Ciclo xunto cos seus fillos e fillas. Grazas por traballos tan ben feitos.

30 sept 2012

UNHA GRAN SORPRESA

O pasado venres tivemos unha agradable visita.  PINGUIÑA visitou as aulas de primeiro e segundo para sorpresa de todos e todas. Deixounos ademais a cada aula unha carta moi moi interesante.



Podedes atopar máis información no Recanto de Mik

27 sept 2012

ALUMNADO DE PRIMEIRO



Aquí está o alumnado de primeiro, recén chegado á Educación Primaria, e os estupendos debuxos que fixeron deles mesmos.

ALUMNADO DE SEGUNDO

Podedes ver ao alumnado de segundo e os seus fenómenos autorretratos realizados a principios de curso.




18 jun 2012

MEDALLAS E DIPLOMAS

Hoxe, 18 de xuño, celebrouse o acto de entrega das medallas e diplomas aos escritores e lectores olímpicos. Por suposto o alumnado de terceiro e cuarto tamén tivo os seus gañadores e os seus participantes. Tedes máis información no blog da nosa biblioteca.
Os medallistas foron Aixa, Anxo, Mario, Saray, María F., Andrea C., Ana e Adriana R.


5 jun 2012

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE





O Día Mundial do Medio Ambiente (World Environment Day) é un evento anual que se leva a cabo o 5 de Xuño. Foi establecido pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas do 15 de decembro de 1972.


O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o Medio Ambiente implicando ás persoas nos temas ambientais, motivándoas para que se convirtan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promovendo o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude hacia estes temas e fomentando a cooperación, que garantirá que todas as nacións e persoas disfruten dun futuro máis próspero e seguro.

3 jun 2012

OLIMPÍADAS NO MESTRES GOLDAR

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php
O pasado 1 de xuño celebráronse as Olimpíadas no Ceip Mestres Goldar, cun gran éxito e total participación do alumnado do centro. Para máis información  preme  Recanto de Mik

2 jun 2012

CARROS DE FUEGO (Chariots of fire)

Gozade todos e todas deste impresionante vídeo de Vangelis gravado en directo na Acrópolis de Atenas (Templo de Zeus),que como sabedes foi a música escollida para a exposición das cidades e países olímpicos do segundo ciclo.



A película conseguiu catro Oscars en 1982, por suposto un deles foi esta incrible banda sonora.  

1 jun 2012

CIDADES E PAÍSES OLÍMPICOS

Onte foi o día que os expertos e expertas, vestidos de gregos e gregas, do segundo ciclo, deron a coñecer toda a súa sabiduría sobre as cidades e países olímpicos. A pesar dos nervios, a exposición do traballo resultou de marabilla, e foi un estupendo final ao gran traballo de colaboración e investigación realizado.
Podedes atopar máis información no Recanto de Mik e na páxina web do colexio.
 Noraboa!

27 may 2012

FOTOS DÍA DO CINE

Aínda que pasaron algúns días, agora podedes visualizar algunha das fotografías realizadas o día que estivemos no cine.

21 may 2012

COPITO

Hoxe tivemos a oportunidade de ver a proxección da película Copito. Foi en Yelmo cines (Centro comercial Travesía de Vigo). Tamén houbo diversas actividades de animación realizadas por Barafunda S.L. nas que participou o alumnado dos diferentes centros que alí estaban. Esta foi unha actividade dinamizadora do galego ofertada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dirixida á poboación escolar.

Copito, o único gorila branco do mundo, chega ao zoo de Barcelona. A súa cor fai que acapare todas as miradas das e dos visitantes, mais tamén provoca o rexeitamento dos seus novos compañeiros gorilas, que non o aceptan como un dos seus.
Cando Copito descobre que a famosa bruxa do Norte está de paso en Barcelona, decide ir na súa procura para que lle dea unha poción que o convirta nun gorila negro e normal.
Mais o que non sabe Copito é que fóra o espera Lua de Sac, un gafe malvado que o quere atrapar, xa que só o corazón dun gorila branco pode acabar coa súa mala sorte.
Para lle facer fronte Copito terá compaña: o panda Aliur e a pequena Paula serán quen o axuden nesta fantástica aventura.


10 may 2012

CERIMONIA ACENDIDO FACHO OLÍMPICO

Hoxe celebrouse a cerimonia do acendido do facho olímpico. A actriz Ino Menegaki, no papel de Gran Sacerdotisa de Olimpia, escoltada por dez mulleres en representación das Virxes Vestais, entregou a chama a Spyros Yanniotis. Nada impediu que Apolo acendese o lume sagrado dos Xogos Olímpicos de Londres na antigua Olimpia, sé dos primeiros xogos, para que chegue puntual á súa cita na capital británica o próximo 27 de xullo..


Menegaki, como sacerdotisa, prepara el fuego olímpico para la antorcha.         
Menegaki durante la ceremonia del encendido de la antorcha olímpica.
Entrega del fuego olímpico para la antorcha.

POESÍAS EN TERCEIRO

O alumnado de terceiro está escribindo unhas fermosas poesías relacionadas co libro de ANTÓN CORTIZAS "Vaia tropa". Tedes de mostra un precioso exemplo.


6 may 2012

O SEGUNDO CICLO CELEBRA OS MAIOS

A comunidade educativa celebrou este gran día. Aínda que debido ao mal tempo tivemos que facelo no ximnasio todo saiu estupendamente. Podedes ver algunhas fotografías do alumnado de terceiro e cuarto.

Segundo ciclo o día dos Maios - foto montaje

3 may 2012

OS MAIOS


A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio) se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.
A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Personalize your own picture collage