

Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
O alumnado de primeiro e segundo pasouno de marabilla no espectáculo "A GALIÑA AZUL" realizado por Tanxarina, no auditorio de Afundación.
Hoxe o alumnado de primeiro e segundo realizou a votación para escoller o título a poñer definitivamente no conto realizado conxuntamente polas dúas aulas. Presidiron a mesa electoral Irene como representante de 1º, e Noela como representante de 2º. Despois de levar o control oportuno á hora de introducir cada un e cada unha o seu voto na urna, fíxose o reconto resultando gañador o título A GUERRA CONFUNDIDA. Pronto estará a disposición das respectivas clases. Seguro que vai ser un Best Seller.