Xa levamos uns cantos días de clase e imos poñer de novo en funcionamento o blog do segundo ciclo de primaria, onde irán aparecendo diversas actividades que vaiamos realizando ao longo do curso.
FOTO DE TODO O ALUMNADO DE TERCEIRO
Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
Xa levamos uns cantos días de clase e imos poñer de novo en funcionamento o blog do segundo ciclo de primaria, onde irán aparecendo diversas actividades que vaiamos realizando ao longo do curso.
FOTO DE TODO O ALUMNADO DE TERCEIRO
Esta é a portada do conto colectivo elaborado polo alumnado de terceiro e cuarto.
Está cheo de Misterio e aventuras, e protagonizado por dúas nenas e dous nenos.
A pasalo ben coa súa lectura!
O xoves estivemos con todo o colexio no auditorio de Valadares nun espectáculo musical no que o pasamos fenomenal. Despois merendamos e xogamos. E tivemos a gran sorpresa de saudar a unha antiga e querida compañeira!
Serás quen de atopala nalgunha das fotos?
Hai uns días Naiara fixo a súa conferencia sobre os bufos, estas aves rapaces nocturnas que viven por case todo o planeta.
Parabéns por esta marabillosa exposición!!
Hoxe estivemos no Auditorio do Concello para ver a obra de teatro Rosalía. Aí tedes algunhas fotos da saída. Mágoa que nos choveu moito e non poidemos facer nada máis.
Onte tivemos unha actividade relacionada cos primeiros auxilios impartida pola nai de Iria. Pasámolo fenomenal e practicamos e aprendimos moitas cousas interesantes e necesarias.
Moitas grazas Olalla!
Este venres Bertrán fixo unha estupenda e interesante conferencia sobre a gran barreira de coral. A especie vivinte máis grande da Terra , situada ao noreste de Australia e de 2300 km de longo, que ata chega a ser visible desde o espazo exterior.
Parabéns por esta marabillosa exposición!!