Xoga e aprende repasando os céntimos e os euros. Interesante para primeiro e para segundo.
-----
Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
26 abr 2015
25 abr 2015
SORTEO PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES
A AULA DE CUARTO NA DE PRIMEIRO.
Clica enriba do cofre e poderás acceder a un bo número de fotografías do sucedido na aula de primeiro.
22 abr 2015
3 abr 2015
SEMANA DA POESÍA E ARTE
CORRESPONDENCIA CO CEIP ILLAS CÍES
Xusto antes das vacacións de Semana Santa recibimos correspondencia do alumnado do Illas Cíes. Para primeiro uns marcapáxinas personalizados e para segundo unhas fermosas cartas tamén personalizadas.
30 mar 2015
RECITAL POÉTICO
Tedes aquí o vídeo do recital poético realizado polo alumnado de Primeiro na aula de Terceiro, no que recitaron poesías en galego e en castelán. Moitas grazas aos nenos e nenas das dúas aulas.
22 mar 2015
VISITOUNOS VICENTE MUÑOZ PUELLES
Este importante escritor, que recibiu xa diversos premios, autor de "Óscar y el león de Correos" y La gata que aprendió a escribir", visitounos o pasado xoves comentándonos aspectos sobre os seus libros moi interesantes.
20 mar 2015
A ECLIPSE DE SOL
Esta mañá tivemos ocasión de presenciar unha eclipse de sol, no que a Lúa chegou a cubrir máis dun 70% do disco solar.
8 mar 2015
HIPATIA DE ALEXANDRÍA
Co motivo do Día Internacional da Muller, o alumnado de Primeiro investigou sobre HIPATIA DE ALEXANDRÍA, considerada en moitos casos, a primeira muller adicada á ciencia.
Hipatia naceu no ano 370 en Alexandría (Exipto), lugar coñecido na historia polo seu Faro e a súa Biblioteca. Foi a primeira muller en realizar unha contribución substancial ao desenvolvemento das matemáticas. Tamén realizou importantes traballos en astronomía, física e filosofía ata que foi asasinada no 415 na súa cidade debido á estupidez e á irracionalidade dos ataques relixiosos.
INVESTIGANDO SOBRE HIPATIA
Hipatia naceu no ano 370 en Alexandría (Exipto), lugar coñecido na historia polo seu Faro e a súa Biblioteca. Foi a primeira muller en realizar unha contribución substancial ao desenvolvemento das matemáticas. Tamén realizou importantes traballos en astronomía, física e filosofía ata que foi asasinada no 415 na súa cidade debido á estupidez e á irracionalidade dos ataques relixiosos.INVESTIGANDO SOBRE HIPATIA
1 mar 2015
SINXELO XOGO VISUAL
PARA REALIZAR UN XOGO DIVERTIDO E SINXELO. ALGO DISTINTO DOS HABITUAIS. PASA O RATO SOBRE OS CÍRCULOS E CADA VEZ TERÁS MÁIS. MULTIPLÍCANSE.
26 feb 2015
VIGO RECICLA
25 feb 2015
NO DÍA DE ROSALÍA
Este martes no día de Rosalía o alumnado de primeiro e segundo realizou diversas actividades relacionadas con esta importantísima escritora galega. Unha destas actividades foi a o marcapáxinas co poema "Adiós ríos, adiós fontes".
23 feb 2015
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 24 DE FEBREIRO É O DÍA ADICADO A ROSALÍA DE CASTRO. PODEDES VER UN RESUMO DA VIDA DESTA IMPORTANTÍSIMA ESCRITORA GALEGA NO SEGUINTE VÍDEO.
22 feb 2015
CONTOS PARA TRABALLAR OS SINFÓNS
Clica enriba da imaxe e poderás ir a un importante número de lecturas ilustradas. Algunhas tamén teñen actividades de comprensión lectora.
15 feb 2015
12 feb 2015
A Piques do entroido
Só quedan unhas horas para o festival. O alumnado de primeiro e segundo cos seus lentes de diseño xa está desexando que chegue o venres.
9 feb 2015
CHEGA O ENTROIDO
Aquí tedes ao alumnado de primeiro e segundo coas súas saias hawaianas. O día grande está próximo. Estamos quentando motores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
































