21 may 2012

COPITO

Hoxe tivemos a oportunidade de ver a proxección da película Copito. Foi en Yelmo cines (Centro comercial Travesía de Vigo). Tamén houbo diversas actividades de animación realizadas por Barafunda S.L. nas que participou o alumnado dos diferentes centros que alí estaban. Esta foi unha actividade dinamizadora do galego ofertada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dirixida á poboación escolar.

Copito, o único gorila branco do mundo, chega ao zoo de Barcelona. A súa cor fai que acapare todas as miradas das e dos visitantes, mais tamén provoca o rexeitamento dos seus novos compañeiros gorilas, que non o aceptan como un dos seus.
Cando Copito descobre que a famosa bruxa do Norte está de paso en Barcelona, decide ir na súa procura para que lle dea unha poción que o convirta nun gorila negro e normal.
Mais o que non sabe Copito é que fóra o espera Lua de Sac, un gafe malvado que o quere atrapar, xa que só o corazón dun gorila branco pode acabar coa súa mala sorte.
Para lle facer fronte Copito terá compaña: o panda Aliur e a pequena Paula serán quen o axuden nesta fantástica aventura.


No hay comentarios:

Publicar un comentario