29 oct 2012

A CASTAÑA


A castaña é o froito do castiñeiro. O froito preséntase nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro que contén varias castañas.
As castañas pódense comer crúas, fervidas, asadas ou doces. En Francia a miúdo véndese o doce de castaña coñecido como marron glacé. Un xeito sinxelo de asalas é cortar unha pequena fenda en cada castaña e quentalas nun contedor metálico durante 10 ou 15 minutos. O obxecto da fenda é evitar que estouren mentres se asan.
Outro importante uso das castañas é a fariña, coa que se pode preparar pan, pasteis e pasta.
As receitas gastronómicas de castañas están xurdindo ultimamente coa recuperación de receitas tradicionais.
As castañas para se conservaren teñen que estar completamente secas antes de retirar a cápsula espiñenta que as contén e deixalas nunha caixa ou barril cobertas de area fina. Pódese consumir fresca, seca, cocida e asada, a castaña constituíu unha importante contribución calórica para o home e tamén se utilizou na alimentación dos animais domésticos, xa que son ricos en graxas, proteínas, minerais e en vitamina C.

En Galicia, a festa tradicional da recollida das castañas é o magosto, que se realiza a comezos de novembro.


Refraneiro

  • A castaña que está no camiño é do veciño.
  • Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
  • O que non sabe a maña, non come castaña.
  • Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
  • Temperá é a castaña que por setembro regaña.
- ----

No hay comentarios:

Publicar un comentario