Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
17 dic 2014
CALENDARIOS PARA O CEIP ILLAS CÍES
Xa están en camiño os calendarios do ano 2015 que o noso alumnado de primeiro e segundo fixo para os rapaces e rapazas do Ceip Illas Cíes.
8 dic 2014
6 dic 2014
CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE
O alumnado de segundo participou no programa "Camiña con nós pola igualdade" que se levou a cabo na biblioteca do noso colexio.
3 dic 2014
30 nov 2014
23 nov 2014
17 nov 2014
MAGOSTO 2014
Por fin acompañou o tempo e conseguimos facer o magosto. Despois de realizar diversos xogos tomamos as saborosas castañas asadas. Tedes moitas máis fotografías en https://picasaweb.google.com/bibliotics3/MAGOSTO1415_1_2
27 oct 2014
REAPERTURA DA NOSA BIBLIOTECA
O pasado venres foi a reapertura da nosa biblioteca. Un día moi emotivo, sobre todo para os de primeiro, con grandes sorpresas como a obra de teatro tan divertida da que todo o alumnado puido disfrutar.
26 oct 2014
MILLO
O millo é unha planta gramínea anual. Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara abaixo. As mazarocas están cubertas por filas de grans.
![]() |
Miguel de 1º trouxo unhas preciosas mostras de millo |
23 oct 2014
A CASA DO AVÓ
O alumnado de 2º e 3º estivo no Verbum para unha estupenda actividade de títeres e teatro de Tanxarina, organizada polo Concello de Vigo.
22 oct 2014
ESTUPENDOS TRABALLOS
Menudas creacións as que fixo o noso alumnado de primeiro e segundo xunto coas súas familias!!
Luciña estará moi moi feliz.
Luciña estará moi moi feliz.
17 oct 2014
CREAMOS EN OUTONO

16 oct 2014
OUTROS XOGOS EDUCATIVOS
Se queres pasar un rato aprendendo e á vez entretido xa sabes o que tes que facer para non aburrirte.
15 oct 2014
NOVO CURSO 2014-15
8 jun 2014
CONVIVENCIA CO CEIP ILLAS CÍES
23 may 2014
ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE A GASTRONOMÍA NO MAGOSTO, NADAL E ENTROIDO
Recén saídas do forno estas actividades para o Primeiro Ciclo. Seguro que o ides pasar moi ben facéndoas.
21 may 2014
19 may 2014
VISITA DE CONCHA BLANCO
O pasado venres tivemos a honra de contar coa visita da escritora Concha Blanco, a autora dos libros que traballamos neste trimestre nas aulas de primeiro e segundo.
16 may 2014
LETRAS GALEGAS 2014

Xosé María era coñecido no lugar polo nome de Pepe e, de pequeno, axudaba nos labores do campo e a coidar as vacas.
De neno estudou nunha escola da súa aldea mandada construír polos veciños emigrados a Cuba. A escola era coñecida como « A escola da Conchada».
De mozo foi estudar para crego no Seminario de Mondoñedo e alí comezou a escribir as súas primeiras poesías e a publicar algunhas delas no xornal «El Progreso Villalbés», de Vilalba, en Lugo.
Despois de deixar o Seminario dedicouse a estudar varios idiomas, traballando moitos anos en Madrid como tradutor e profesor de inglés, francés e alemán.
Publicou un libro titulado «Nimbos» cos seus poemas en galego.
Este ano a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas pola defensa e uso que fixo do noso idioma.
14 may 2014
A PREHISTORIA
Como en segundo estamos a traballar o paso do tempo. Este é un vídeo dunha das épocas que levamos visto, sobre o Home de Cromagnon na PREHISTORIA.
12 may 2014
UNIÓN EUROPEA
O pasado 9 de maio foi o día de Europa.
Clica enriba da bandeira da Unión Europea e terás a posibilidade de ir á páxina oficial onde podes facer xogos e pasatempos que te permitirán coñecer mellor Europa.
27 abr 2014
DÍA DO LIBRO. PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES. AFILLADOS E AFILLADAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)