16 may 2014

LETRAS GALEGAS 2014

 Xosé María Díaz Castro naceu na parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, o 19 de febreiro de 1914. A súa familia era unha familia labrega, aínda que o seu pai traballou unha tempada como escribinte. 
 Xosé María era coñecido no lugar polo nome de Pepe e, de pequeno, axudaba nos labores do campo e a coidar as vacas.
 De neno estudou nunha escola da súa aldea mandada construír polos veciños emigrados a Cuba. A escola era coñecida como « A escola da Conchada».
 De mozo foi estudar para crego no Seminario de Mondoñedo e alí comezou a escribir as súas primeiras poesías e a publicar algunhas delas no xornal «El Progreso Villalbés», de Vilalba, en Lugo.
 Despois de deixar o Seminario dedicouse a estudar varios idiomas, traballando moitos anos en Madrid como tradutor e profesor de inglés, francés e alemán.
 Publicou un libro titulado «Nimbos» cos seus poemas en galego.
 Este ano a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas pola defensa e uso que fixo do noso idioma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario