9 feb 2020

ULA LÚA?

Actividade de contacontos e animación realizada no salón de actos do noso centro para 1º e 2º de Primaria.
 Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar. Unha historia sobre o amor, a familia e a amizade, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario