21 nov 2022

BRINCADEIRAS DA LINGUA

“Brincadeiras da lingua” é un espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”.






No hay comentarios:

Publicar un comentario