Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1º de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.
Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.
Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles asi que atopasen os seus fogares e os seus parentes.
Hola compañeir@s pareceme estupendo esto de poder iniciarme no internet con vos a ver si tedes unhas boas ideas.
ResponderEliminar