26 ene. 2012

A materia e os materiais

A MATERIA
Todos os obxectos do Universo están formados por materia. Cada tipo diferente de materia é unha substancia.


Todos os corpos teñen dúas propiedades: a masa e o volume.


A materia pode presentarse en tres estados: sólido, líquido ou gasoso. Experimenta diversos cambios: mesturas, cambios de estado ou cambios químicos.


OS MATERIAIS
Os materiais son as substancias que empregamos para fabricar todos os obxectos.


Os materiais poden ser naturais ou artificiais. Os naturais poden ser de orixe animal, como o coiro; vexetal, como o liño e a madeira; ou mineral, como o petróleo. Os artificiais fabrícanse a partir de materiais naturais e algúns exemplos son o aceiro e o papel.


Cada material ten unhas propiedades que fan que sirva para certos usos.

3 comentarios:

  1. Este lo pones con tiempo

    ResponderEliminar
  2. Hola,gustanos moito este texto porque nos axuda a aprender para facer o examen de coñecemento do medio,haber se agora nos pones boa nota "Antonio"

    ResponderEliminar
  3. ¡Antonio!¡ponme un 10 no examén! por favor

    ResponderEliminar