27 ene 2012

A clase de cuarto no horto escolar


O alumnado de cuarto estivo plantando repolos e allos porros o pasado mércores 25. Co seu interés, ilusión e traballo haberá uns resultados estupendos.


REPOLOS
O repolo é unha planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea cuxas follas poden ser ovais, oblongas, lisas, rizadas ou circulares dependendo da súa variedade, e forman un ollo compacto moi característico.
As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie silvestre, conocida xa dende hai séculos, a través dos cruces e da selección para adaptalas a condicións climáticas diferentes.
O seu cultivo como verdura destinada á alimentación humana e animal remonta á antigüidade.
O repolo é rico en vitaminas C, A, calcio e β-caroteno, ademais de ter un alto contido de fibra.

ALLOS PORROS
O allo porro ou simplemente porro é da familia das liliáceas. É orixinaria de Europa e Asia Occidental.  A planta do porro ten follas alongadas e lanceoladas e un pequeno bulbo branco e alongado do que lle saen unha serie de raíces.
O seu sabor é máis suave ca unha cebola, co seu sabor característico.
A parte comestible son os bulbos e as follas, pero tamén poden selo as flores en ensaladas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario