13 feb. 2012

As forzas e a enerxía

AS FORZAS

As forzas poden actuar por contacto ou a distancia, e poden ser de atracción ou de repulsión.

A forza da gravidade fai que os obxectos sexan atraídos pola Terra.

A ENERXÍA

A enerxía é a causa dos cambios que ocorren no Universo.
Algúns tipos de enerxía son a enerxía mecánica, a química, a calorífica, a eléctrica, a nuclear e a luminosa.

As persoas obtemos a enerxía das fontes de enerxía, que poden ser de dous tipos:

- Fontes de enerxía non renovables. Son o uranio e os combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural).

- Fontes de enerxía renovables. Son, entre outras, a enerxía do Sol, a do vento, a da auga en movemento e a da leña. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario