1 feb 2012

Camiño da lingua

Camiño da lingua é un proxecto que inclúe probas lingüísticas, culturais ou xogos onde o vínculo é a lingua galega. Trátase dunha actividade do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dirixida á poboación escolar, neste caso o alumnado de cuarto do CEIP Mestres Goldar.
O taboleiro de xogo simula o coñecido xogo da oca pero tematizado con diferentes monumentos e lugares importantes de Vigo.
As probas abranguen anacos de refráns, trabalinguas, preguntas culturais, o dominó vigués, fotos de antes e agora de Vigo, etc.
A sesión remata cun obradoiro onde escriben a palabra lingua en diferentes idiomas e linguaxes como náutica, chinés, Braille...


No hay comentarios:

Publicar un comentario