23 abr 2020

DÍA DO LIBRO. OS ZAPATOS REVOLTOS

Ola! Hoxe hai unha proposta dunha actividade de Matemáticas creada pola mestra Isabel Fraguela Santos. En que consiste?
En primeiro lugar colleremos zapatos dos distintos membros da familia e poñerémolos nun montón. Despois emparellarémolos para poder xogar ás distintas opcións. Son as seguintes:

  1. Un membro da familia agocha algún zapato solto e o resto da familia adiviña cal é o IMPAR.
  2. Clasificar os números pares e os impares.
  3. Ordenalos de menor a maior e de maior a menor.
  4. Anotar despois os números que hai entre uns e outros.

Aquí vos deixamos un arquivo onde podedes ver algúns exemplos das diferentes opcións de xogo. A XOGAR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario