30 abr 2020

REMATA ABRIL. MULTIFRIDACIÓN

Valeria
Aroa
Eleni
Roberto
Sara
Que tal nenos e nenas? Hoxe é 30 de abril e remata o mes. Mañá 1 de maio será festivo e o 4 é non lectivo no noso centro.

En MATEMÁTICAS faremos moito cálculo nas páxinas 144 e 145 (o número 5 queda para outro día). Hai que ler ben os enuciados onde están as pistas e ter coidado coas distintas cores. Van ser complicadas se non vas con calma e apuras demasiado.



Anxo
L. CASTELLANA: Tocan dos páginas (142 y 143) que se pueden hacer perfectamente sin ayuda, ya que se trata de palabras con mp y mb, y eso ya lo vimos muchas veces, solamente hay que fijarse bien. Leed el cuadro rosa primero.  Tenéis también un dictado que si no lo hacéis lo podéis copiar en el cuaderno y luego hacer un dibujo (rodead con un color las palabras con mp y mb para no equivocarse).
L.GALEGA: Lectura dun poema "O río" de Xosé Neira Vilas (146) e as súas actividades correspondentes. Son sinxelas.
Rafa
NATURAIS:Imos facer a páxina 69, que nos quedou atrás, que é sobre a utilización das plantas. Deberías volver ler a páxina anterior (xa sei que o fixeches hai uns días) para que sexan máis doadas as actividades.
Fai sempre as lecturas con calma e concentrándote ben, e se non quedou claro volve ler.

“MultiFridación

Estás canso de escribir no teu caderno? Tes unha morea de fichas xa feitas? Queres practicar a táboa do 2 dun xeito ben diferente? Parabéns, con “MultiFridación” gozarás do artista que es!!! 
Escribe os resultados da táboa no debuxo sen pintar e logo, seguindo a gama de cores do debuxo xa pintado, deseña a túa propia versión. Non dubides en compartir o resultado!

E como diría Frida Kahlo: “Viva a vida!”


Tamén o podes facer directamente copiándoo nun folio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario