24 nov. 2011

Contra a violencia de xénero















Co motivo da conmemoración do 25 de novembro do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o alumnado de terceiro e de cuarto participou nunha actividade de teatro titulada "Eu de maior quero ser..." no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Alí recibimos unha pulseira e disfrutamos dunha interesante representación.
SINOPSE:

Caramuxo teatro presenta de esta volta un espectáculo que trata a violencia de xénero, unha comedia realizada a partir de textos de Darío Fo misturados con diferentes grabacións realizadas por colexios da comarca das Mariñas. Nos videos que se proxectan durante o espectáculo, os escolares amosan a súa singular visión sobre a violencia machista e a desigualdade entre o home e a muller ademáis de amosarnos as suas inquedanzas, aspiracións e esperanzas por un mundo máis igual.
Por outra banda, entre video e video dúas actrices descóbrennos a unhas mulleres moi diferentes máis con problemáticas semellantes, dúas mulleres que loitan á súa maneira por fuxir da realidade que as rodea.
Unha comedia realizada en colaboración co Consorcio das Mariñas para aprender en familia.

3 comentarios:

  1. Unha actividade interesantísima! Esperemos que as novas xeracións sexan quen de vivir en igualdade, sen abusos e sen violencia de ningunha clase.
    Bicos ratunos

    ResponderEliminar
  2. Ola, o teatro foi moi divertido. Facía moita gracia e representaba que no temos que ir contra a violencia

    ResponderEliminar